‘Tres vellas na romaría’ | © Excéntricas Producións

'Tres vellas na romaría' en Pontevedra

dom02xuñ20:00'Tres vellas na romaría' en PontevedraEncontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A que será a 12ª edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares, chegará a Pontevedra o domingo 2 de xuño. Ao longo de 7 xornadas, ata o 8 de xuño, unha escolla de contadoras e contadores encherán os recunchos da cidade do Lérez.

O programa verá a luz nas próximas semanas pero a modo de adianto, xa están á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8 euros as entradas para o que será o espectáculo inaugural o día 2 ás 20:00 horas no Teatro Principal: ‘Tres vellas na romaría’ da man de Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutiérrez “Guti”.



Sinopse. Regresan as Tres vellas. En ‘Tres vellas na romaría’ saímos do mundo do traballo e buscamos nas memorias das devanceiras os días gloriosos de romarías e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos, as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… As Tres vellas lían á cabeza os seus máis fermosos panos rameados, para saír a bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos turreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarías: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mistura a superstición e o festeiro escepticismo.

Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo”. Un repertorio no que se xuntan os xionllos esfolados das procesións cos pés encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais as Tres vellas regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!