‘Tromsø’ de Morraoconto en Pontevedra

xov05mar21:00‘Tromsø’ de Morraoconto en Pontevedra ciclo Ponteatro 202621:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcada na programación do ciclo Ponteatro, o xoves 5 de marzo, a compañía Morraoconto trae ao Teatro Principal de Pontevedra a obra ‘Tromsø’.

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Aférrase ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

‘Tromsø’ é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza.

Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

Autoría: Rafa Martínez.

Dirección: Rafa Martínez e Esther Latorre.

Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman e Lucía Iglesias.

Duración: 80 min.

PONTEATRO

O Concello de Pontevedra presenta unha nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con 4 espectáculos entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

O cartel está deseñado por Ovo Publicidade e inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (“Figura alada” de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago).

Teatro do Noroeste, Morraoconto, CDG e Mariña Lestón e Producións Teatrais Excéntricas serán as compañías encargadas de emocionar ao público nesta nova tempada de teatro. Entre outras temáticas, os espectáculos seleccionados abordarán a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor.

Os abonos a un prezo de 20 euros e as entradas individuais a 8 euros (4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65) están á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!