'Un Conto de Nadal, o Musical' en Pontevedra

sáb14dec19:00'Un Conto de Nadal, o Musical' en Pontevedraun musical de Nadal cheo de esperanza e amor19:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Chega a Pontevedra ‘Un Conto de Nadal, o Musical’ un espectáculo entrañable cheo de ilusión, esperanza, decorados grandes e coidadísimo vestuario, para envolverte na maxia do Nadal.

Scrooge é un home cobizoso e egoísta que padece unha transformación na súa vida cando foi visitado durante Noiteboa polas pantasmas do Nadal pasado, presente e futuro.

Pantasmas que van dende os máis doces ata os máis escuro, pasando polo presente, un espírito moi divertido, que dá un toque cómico á historia. Eles fanlle ver a súa vida dende outra perspectiva e, así, comeza a súa nova vida, axudando máis aos demais, sabendo perdoar e, por suposto, celebrando o Nadal como sempre quixera facelo.

Baseado na novela superventas de Charles Dickens ‘A Christmas Carol’, podes ver este clásico transformado musical, coas mellores cancións, coreografías e escenas.

Con máis de 20 personaxes interpretados por 5 actores en escena e cos mellores efectos de iluminación e son, grandes e pequenos estarán implicados na maxia de un musical de Nadal cheo de esperanza e amor.

Con recorrido nacional que pasa por Madrid, Canarias, Aragón, Navarra, Alacante, Valencia,… e colgando o cartel de “entradas esgotadas”, miles de persoas xa puideron gozar deste gran espectáculo.

Con voces en riguroso directo, este musical non deixará de emocionar ás familias.

Entradas anticipadas á venda dende 15,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!