Cristina Acuña e Yonathan Carreira na presentación do VI Stock Marín | © Concello de Marín

This is a repeating event

VI Feira Stock Marín

ven02ago11:00ven22:00VI Feira Stock MarínDo 2 ao 4 de agosto de 202411:00 - 22:00 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha, coa colaboración do Concello, do venres 2 ao domingo 4 de agosto, na Alameda Rosalía de Castro, a VI edición da Feira Stock Marín.

Os establecementos particpantes son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-b-re, Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Nicy, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.



Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios productos relacionados cos seguintes sectores: moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería.

A inauguración será o venres 2 ás 13.00 horas na Alameda Rosalía de Castro de Marín. O horario do evento será de 11:00 a 14.00 horas e de 18:00 a 22:00 horas e a entrada será libre e gratuíta.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un agasallo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, do Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables.


Hora

(Venres) 11:00 - 22:00

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!