Cantos de Taberna 2023 | © Maravallada

VI Gala de Cantos de Taberna en Pontevedra

ven08nov20:30VI Gala de Cantos de Taberna en PontevedraAsociación Cultural Maravallada20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O próximo venres 8 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a VI Gala de Cantos de Taberna organizada pola Asociación Cultural Maravallada en colaboración co Concello de Pontevedra. Este evento fai un recoñecemento a aquelas persoas ou entidades que, pola súa labor, teñen colaborado na difusión e engrandecemento da música popular galega, en especial á manifestación que da mesma se fai nas tabernas.

Nesta ocasión a gala estará conducida polo lalinense Celso F. Sanmartín poeta, contador e reinventador de historias ligadas a tradición oral galega e o grupo de Rianxo, Os Perucos, será o convidado para amenizar e facer cantar ó público asistente a este evento no que non non pode faltar a música.



O proxecto homenaxeado e merecedor da Cunha Maravallada será a ‘Xira de Cedeira’, unha das festas máis emblemáticas desta vila coruñesa que forma parte da tradicional Romaría de San Antón de Corveiro celebrada cada terceiro luns de xullo desde tempos inmemoriais.

José Rodríguez Arribe “Jose de Vigo” será o encargado de recoller a cunca, como director da Baixada da Xira desde fai xa 40 anos. É o encargado de liderar e coordinar un dos momentos máis simbólicos e emocionantes da tradicional Xira de San Antón cando a veciñanza comeza o camiño de volta desde a Ermida cara a Cedeira. Este movemento colectivo faise cantando e está cargado de emoción e espírito de irmandade o que representa os valores polos que se ven outorgando a Cunca Maravallada.

Sobre a Cunca Maravallada

Asociación Cultural Maravallada leva anos fomentando e dando a coñecer a grande variedade e calidade de artistas plásticos de Galicia, quixo contar coa colaboración do CIFP de Cantería de Galicia para para dar visibilidade a unha profesión tan vencellada a nosa cultura. Entre as propostas que participaron na convocatoria organizada polo centro resultou escollida a da alumna Elena Díaz Liljestrom, ao suxerir unha interesante obra: un obxecto traballado por todas as súas caras e de inspiración naturalista.

A alumna conta con traxectoria previa ao ser titulada en Belas Artes, e actualmente ten exposta obra no Centro Cultural ‘A Pedreira’. Cursa o último curso do título oficial regrado en Formación Profesional de Pedra Natural, alta especialización en Cantería.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!