VIII PonteAndadas en Pontevedra

dom30marConsultardom14decVIII PonteAndadas en Pontevedraandainas para coñecer as parroquias pontevedresas(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

PonteAndadas acada este 2025 a súa oitava edición. Andar é unha das ferramentas máis utilizadas á hora de exercitar o corpo, e os roteiros de PonteAndadas son xa unha serie de citas imprescindíbeis e máis que coñecidas entre todos os que gostan deste tipo de andainas.

Organizadas por Naturgaliza en colaboración co Concello de Pontevedra, este 2025 haberá até oito saídas distintas, deseñadas con agarimo e co pensamento posto na súa accesibilidade case total.

As andainas inclúen un quecemento con zumba para todo aquel que o desexe, e como novidade este ano a organización facilitará aos participantes bolsas e luvas para recoller o lixo que atopen durante o percorrido, en caso de querer facelo.

Tal e como lembran desde a organización, todos os roteiros móvense entre os 10 e os 14 quilómetros, e é preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 625 482 636, ademais de xeito presencial nas Galerías Peregrina, nº 3.

Este proceso ten un custo de 2 euros para pagar o seguro da actividade.

ANDAINAS PONTEANDADAS 2025

  • Domingo 30 de marzo. PonteAndada Ponteverde > Bora > 9:30 h > Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. > Pabellón Multiusos A Xunqueira > Percorrido circular, dificultade baixa (unhas 2,5 horas)
  • Domingo 11 de maio. PonteAndada Cabanas e Muiños de Salcedo > 9:30 h > Quecemento con marcha nórdica > Saída ás 10 h. > Pazo de Lourizan > Percorrido circular, dificultade media (unhas 3,5 horas)
  • Domingo 8 de xuño. PonteAndada do Verdugo. Pontesampaio > 9:30 h > Quecemento con zumba. Saída ás 10 h. Praia A Xunqueira (Pontesampaio) Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)
  • Domingo 29 de xuño. PonteAndada do Castrove > Campañó > 9:30 h > Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. > Campo da Festa San Pedro (Campañó) > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)
  • Sábado 27 de setembro. PonteAndada Nocturna – Semi urbana > Saída 20 h desde o Pavillón Municipal dos Deportes (con curso de iniciación á marcha nórdica ás 18h). Percorrido circular, dificultade baixa (unhas 2 horas)
  • Domingo 12 de outubro. PonteAndada do Outono > A Fracha > 9:30 h > Quecemento con marcha nórdica > Saída ás 10 h > Parking área recreativa da Fracha > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)
  • Domingo 30 de novembro. PonteAndada contra as violencias > Ponteverde > 9:30 Quecemento con zumba > Saída ás 10 h > Palco da Música da Alameda > Percorrido circular, dificultade baixa (unhas 2,5 horas) > Magosto ao final da ruta
  • Domingo 14 de decembro. PonteAndada solidaria de Inverno > Xeve > 9:30 h > Quecemento con marcha nórdica > Saída ás 10 h > Igrexa de Santa María de Xeve > Con donación de produtos non perecedeiros para o Banco de Alimentos > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

Hora

Marzo 30 (Domingo) - Decembro 14 (Domingo)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!