Intervención ‘Máquina para restaurar a empatía’, de Eva Koťátková no Museo de Pontevedra | Deputación de Pontevedra

This is a repeating event

Visitas guiadas á 32ª Bienal de Pontevedra

xov10xulConsultarVisitas guiadas á 32ª Bienal de Pontevedra'VOLVER A SER HUMANOS. ANTE A DOR DOS DEMAIS'(Consultar: xoves) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación activa as visitas guiadas á 32ª Bienal de Pontevedra, que terán lugar os xoves, sábados e domingos para achegar ao público os contidos e espazos desta edición.

Serán itinerarios alternativos gratuítos en diferentes horarios e localizacións, facilitando o acceso a todas as sedes da Bienal, que requiren inscrición previa obrigatoria e ofertan 20 prazas dispoñibles por percorrido. Ademais, os grupos organizados poderán solicitar visita fóra deste horario ás obras expostas nos edificios Castelao e Sarmiento.

Visitas dos xoves e domingos

Todos os xoves ás 18:00 h, desde o 10 de xullo ata o 25 de setembro, e todos os domingos, desde o 13 de xullo ata o 28 de setembro, realizarase unha visita comentada centrada nas exposicións dos edificios Castelao e Sarmiento, dous dos espazos clave desta edición da Bienal. Neste caso, a inscrición debe formalizarse a través do correo electrónico [email protected], de luns a venres de 8 a 14 h.

Visitas dos sábados

A partir do 12 de xullo e ata o 27 de setembro, todos os sábados ofreceranse dous itinerarios distintos que tamén ofertan 20 prazas e requiren inscrición previa, neste caso en https://espiralxc.es/visitas-guiadas/.

Ás 11:00 horas terá lugar “Esperanza na escuridade” (zona 1) cun percorrido polos edificios Castelao e Sarmiento, a Igrexa de Santa Clara, a Fundación Moldes e o Café Moderno. Ten unha duración aproximada de 2 horas e 15 minutos, incluíndo unha pausa de 15 minutos e o punto de encontro será no Edificio Castelao do Museo.

Ademais, ás 18:00 horas terá lugar “Futuros posibles” (zona 2), un itinerario polas Ruínas de San Domingos, o Pazo da Deputación, a Facultade de Belas Artes, a Casa da Luz, a Fundación RAC, a Ponte de Santiago e o Pazo da Cultura. Esta visita ten unha duración de 2 horas e 20 minutos, tamén cun descanso intermedio, e o punto de encontro será nas Ruínas de San Domingos.

Os percorridos organízanse alternando o horario de cada zona cada fin de semana. Comezarán o sábado 12 de xullo visitando a Zona 1 ás 11 e a zona 2 ás 18 horas e o sábado seguinte invertirase a orde. Deste xeito intenta darse a oportunidade de facer as visitas as ambas as dúas zonas no horario que máis se axuste as diferentes persoas que queiran participar.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!