Baiona | Turismo de Baiona

This is a repeating event

Visitas guiadas por Baiona

mar01xul11:00Visitas guiadas por BaionaConcello de Baiona11:00 Concello de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

A Concellería de Turismo de Baiona pon en marcha un calendario de visitas guiadas gratuítas para todo o verán.

Os martes de xullo e agosto e os sábados de setembro, ás 11:00 horas terán lugar as clásicas visitas polo Centro Histórico de Baiona.

Outras visitas que continúan ao ter gran éxito de acollida son:

Visita guiada polo Paseo Monte Boi: os xoves 17, 24 e 31 de xullo e o 14, 21 e 28 de agosto, ás 11:00 horas.

Visita guiada ata a Virxe da Roca: 5 de xullo e 23 de agosto, ás 11:00 horas.

Visita guiada infantil “Seguindo os pasos de Drake”: 12 de xullo e 16 de agosto, ás 11:00 horas.

Visita guiada pola península de Santa Marta: 26 de xullo e 9 de agosto, ás 11:00 horas.

Ademais, poñeranse en marcha outras dúas visitas de nova creación:

Visita guiada pola Baiona Mariñeira: pensada para divulgar a cultura e tradición mariñeira da Vila a través dun percorrido polas rúas, porto pesqueiro e lonxa de Baiona. Será o 10 de xullo e 7 de agosto, ás 11:00 horas.

Visita guiada pola senda dos muíños de Baredo: Os días 2 e 30 de agosto, ás 11:00 horas.

Todas as visitas son guiadas por Guías Oficiais de Galicia e, para ofrecer unha visita de maior calidade, as prazas son limitadas e é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo ou no correo electrónico: [email protected].

Hora

(Martes) 11:00

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!