XII Carreira de San Brais en Salcedo

dom28xan11:15XII Carreira de San Brais en SalcedoAsociación Veciñal Salcedo Norte11:15 Centro Comercial Carrefour - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 28 de xaneiro celebrarase a XII edición da carreira pedestre de San Brais 2024, organizada pola Asociación Veciñal Salcedo Norte, como acto de apertura das Festas de San Brais.

Neste intre, a proba conta cun total de 200 inscritos en todas as súas categorías, mais a organización do evento agarda chegar até as cifras do ano pasado, que sumaron case 350 participantes.

O percorrido será o mesmo que o do ano anterior, o que inclúe un trazado mixto con tramos de terra e asfalto, con saída e chegada no Centro Comercial Carrefour desta parroquia. As probas comezarán ás 11.15 horas coa categoría Chupete, sucedéndose por orde de idade as saídas. A saída para sénior e veteranos queda programada para as 12.30 horas, cun percorrido de 6,6 quilómetros.



A carreira pedestre de San Brais é unha cita popular cunha longa tradición no circuíto de carreiras de Pontevedra.

Desde a organización lembran que é unha proba moi interesante para testear o estado de forma dos atletas federados, que encaran con enerxía e cabeza as vindeiras carreiras galegas da tempada 2024 que está por iniciarse.

É posíbel inscribirse até este domingo 21 de xaneiro, ás 23:59 horas, a través desta mesma ligazón.

Hora

(Domingo) 11:15

Localización

Centro Comercial Carrefour

Rúa de San Blas, s/n, 36143 Salcedo

Está pasando!