XII Concurso de Relato Curto ‘Marín Conta’

mar07abrConsultarXII Concurso de Relato Curto ‘Marín Conta’Ateneo Santa Cecilia de Marín(Consultar: martes) Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

O Ateneo Santa Cecilia de Marín convoca o XII Concurso de Relato Curto ‘Marín Conta’ – Letras Galegas 2026, aberto á participación do alumnado dos centros de ensino de Marín e, atendendo á súa proximidade xeográfica, tamén a Placeres.

Poderá participar todo o alumnado que o desexe, de educación primaria, e educación secundaria, cun único texto de creación literaria en lingua galega e cunha extensión máxima de 2 folios a unha soa cara.

Tanto a temática como o xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos, non estar premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.

Cada colexio poderá presentar un máximo de 12 traballos por categoría.

O prazo de recepción dos traballos remata o martes 28 de abril de 2026 ás 20:00 horas.

O xoves 14 de maio daranse a coñecer os relatos seleccionados en cada unha das tres categorías. O fallo do xurado e a entrega de premios serán o venres 15 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia.

Podes consultar as bases completas do concurso aquí.

Hora

Consultar (Martes)

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!