This is a repeating event

XII Festa do Viño de Vilaboa 

sáb10mai12:00XII Festa do Viño de Vilaboa  IXP Ribeiras do Morrazo12:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Serán 10 os stands que se instalarán na carpa que os días 10 e 11 de maio ofertará en Riomaior unha selección dos viños que se producen en Vilaboa tanto de xeito profesionalizado como de elaboración caseira.

As adegas Os Areeiros, Adega Ardán Bodegas Costas de Exportación (de Moaña) pertencen á IXP Ribeiras do Morrazo e comercialízanse con esta etiqueta distintiva, que recoñece a calidade dos viños da zona.

En Vilaboa persiste a figura do colleiteiro local e boa parte deles ofrecen os seus viños nos coñecidos furanchos. É o caso de Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; de Manuel Collazo Fernández; de Martín Torres González “Casa Cañoteira”; de Antonio Juncal de “Furancho Antonio” e de Furancho Jorge. Tamén comercializarán as súas producións na Festa do Viño Jesús Amoedo Leiro, “Casa da Torre” e Nilda Alvariña.



Unha completa selección das diferentes variedades colleitadas e elaboradas na contorna de Vilaboa a prezos populares nun marco idóneo para poñer en valor un dos produtos máis destacados da economía e transformar a súa promoción en dúas xornadas festivas nas que facer tertulia en bo ambiente, degustando un bo viño e unha tapa.

O evento, que naceu como unha reivindicación dos caldos locais e a tradición vitivinícola da zona, consolidouse como unha cita ineludible no calendario festivo de toda a provincia.

A programación arrincará o sábado 10 e continuará ata o domingo 11 de maio ao mediodía. As persoas asistentes poderán gozar de música en directo, coa actuación da charanga “A cabeza non para”, na sesión vermú e a Banda da Escola de Música de Vilaboa co cantante Antonio Barros o sábado pola noite, momento no que tamén actuará a charanga 112.

O domingo será a quenda da Sociedade Cultural Cobres e a súa banda de gaitas “Aires de Cobres”.

pregón correrá a cargo dun veciño de Vilaboa, da parroquia de Paredes, Xan Lorenzo.

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!