This is a repeating event

XIII Surfing the Lérez Festival en Pontevedra

ven06xuñConsultarXIII Surfing the Lérez Festival en Pontevedraromaría urbana, familiar, solidaria, inclusiva e gratuíta(Consultar: venres) Illa das Esculturas - Pontevedra

Detalles do Evento

O xa famoso crocodilo do Surfing the Lérez volverá amosar a súa pel verde na Illa das Esculturas entre o 6 e o 7 de xuño. Na súa décimo terceira edición, o Surfing achega un cartel ecléctico, cun forte compoñenente galego e solidario, e cunha aposta clara polo indie, o rock e chiscadelas a outros estilos e xéneros.

Xunto con todo isto, a súa esencia segue intacta: acceso libre e de balde, ambiente familiar, horario máis diúrno que nocturno, espazos gastronómicos e infantil, catro escenarios distintos…



O festival arrancará o venres 6 coas actuacións de Anaut, Anabel Lee, Antía Muíño, Cristalino, King África, María Grep, Miguel Costas, Montedapena, Néstor Pardo, Nocturna, Repion, Shego e Toldos Verdes.

O sábado 7 será o turno de Alba Reche, Ángel Stanich, Arizona Baby, Capital Voskov, Cora Yako, Grande Amore, Grima, Jarabo, Karavana, Las Dianas, Levitants, Liorta, Melifluo, Ortiga, Portrait, Resaca Emocional, Santi Araújo e Trashi.

A maiores, 12 picadiscos, todos galegos, terán tamén o seu espazo: Carlos Crespo, Duendeneta Dilleis, Kris K DJ, La Suprema Maefield Nanein na primeira xornada e de DJ Amable (Common People), DJ Dinero, Bea Fernandes, BB.Wav B2B Elba, Gorllitox e Señora DJ o sábado.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Illa das Esculturas

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!