XXII Festa do Pan en Ribadumia

sáb09ago17:00XXII Festa do Pan en RibadumiaConcello de Ribadumia17:00 Carballeira de Barrantes - Ribadumia

Detalles do Evento

Ribadumia celebrará o sábado 9 de agosto a XXII edición da Festa do Pan, unha cita que combina cultura, gastronomía e tradición na emblemática Carballeira de Ribadumia.

A programación, que dará comezo ás 17:00 é a seguinte:

  • De 17:00 a 19:00h. Recollida de sobremesas elaboradas con pan e empanadas de millo para o “XXII Concurso de postres caseiros” e “XV Concurso de empanadas de millo”.
  • 18:00h. Actividades infantís relacionadas coa elaboración do pan.
  • 19:00h. PEQUE DISCO MOC MOC: para que nais e pais bailen e desfruten en familia cos peques eses míticos temazos dos anos 90 e 2000!
  • 19:30h. Catas dos concursos de sobremesas caseiras e empanadas de millo.
  • 20:00h. Saída cara os Muíños do Batán acompañados do grupo Xironsa e do grupo de teatro Alecrín. A continuación, representación da moenda do millo do país, amasado e mostra de elaboración tradicional do pan de millo.
  • 22:00h. Volta á Carballeira para a entrega de premios aos finalistas dos concursos, degustación de distintas variedades de pan e cea de confraternidade amenizada con música tradicional. Animación para toda a familia con inchables.
  • 23:30h. Verbena a cargo do GRUPO VILAMARIACHI.
  • 24:00h. Elaboración e degustación gratuíta de queimada.

– Venda de ovos fritos con pan a 2 euros, viño tinto do Salnés a 3 euros, tostas a 2,50 euros e papas de fariña milla ou chulas a 1,50 euros (ata agotar existencias).

– Postos de polbo, pan, empanadas e sobremesas a prezos populares.

– Haberá espazo para 1.000 persoas (non se reservan mesas).

Ven caracterizado na Ribadumia dos anos 50!

A festa conta coa colaboración de empresas como Aceites Abril, Avícola Otres, Panadería Ponte Arnelas, Panadería Isidoro e Boutique del Pan, aos que o Concello de Ribadumia quere agradecer o seu apoio nesta celebración.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Carballeira de Barrantes

Barrantes

Está pasando!