This is a repeating event

XXIII Festa do Mar de Combarro

xov22agoConsultarXXIII Festa do Mar de CombarroDo 22 ao 25 de agosto de 2025(Consultar: xoves) Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio presentou a programación completa da XXIII Festa do Mar que se celebra en Combarro do 22 ao 25 de agosto. Unha festa na que volven apostar, como na última edición, por dárlle protagonismo absoluto ao mar, con propostas destinadas para todas as idades e todos os públicos que inclúen gastronomía, tradición, cultura e música.

A programación estrutúrase en tres bloques na Praza da Chousa. O gastronómico, coa degustación de produtos do mar nas foodtrucks Galicia sabe Amar, da Consellería do Mar, e con actuacións musicais durante a sesión vermú o sábado e domingo, con Raúl&Cía e Sobre todo ella.

O segundo centrarase na carpa museo, con varias exposicións sobre a cultura mariñeira, entre as que se inclúen maquetas de barcos e outras pezas cedidas por veciños, fotografías antigas cedidas polo Ateneo Corredoira de Combarro, pezas do Museo do Mar de Vigo relacionadas co sector conserveiro e coa arte do mar, así como a Exposición Mareas de Vida, cedida por Fumpromar, e que pon en valor o traballo das mariscadoras de Poio, e “As nosas bateas fonte de vida”, coa colaboración de Opmega.

E o terceiro eixo da programación son as embarcacións tradicionais, con encontro e regatas entre o venres e domingo en colaboración co Club Mariño A Reiboa, que contará coa participación de preto de cincuenta participantes.



PROPOSTAS PARA PÚBLICO INFANTIL, CANCIÓN MARIÑEIRA E CONCERTOS

Para o público infantil tamén se inclúen propostas todos os días ás 19.30 horas. Así, poderán gozar do espectáculo “Pomper, a festa das pompas”, o venres, da música de “María Faltri Picadiscos” o sábado e do “Cirkompacto” de Hell Brothers o domingo.

Certame de Música Mariñeira celebrarase do venres ao domingo pola tarde, coas actuacións de Adelaida, Chispa do Lérez, Vento Mareiro, Orfeón e Vides Novas.

Con respecto aos concertos, o xoves 22 inclúese o musical “Camiñantes e Cantantes” de La Ocaband, coas actuacións de Pili Pampín, Lucía Pérez e Pepo Suevos, ás 21.00 horas e, a partir das 23.00 horas, a actuación de Broken Peach, un grupo que leva anos triunfando nos escenarios e que hai unhas semanas presentaban “Welcome to the Brokenlands”, o seu primeiro disco con cancións orixinais.

O venres 23, ás 23.00 horas, The Rapants, porá a música en Combarro, unha banda galega que navega entre o indie, o pop e o garage.

As actuacións de Bombai, DJ Michi e Soraya Arnelas serán o sábado dentro da Gala do Mar. Comezarán Bombai e DJ Michi ás 22.30 horas e, tras os fogos de artificio, continuará Soraya ás 00.30 horas. Bombai é un grupo valenciano con singles coñecidos como “Solo si es contigo”, “Imparables”, “Superhéroes” ou “Tú me has cambiado”. Soraya Arnelas é unha cantante e compositora española que se deu a coñecer no ano 2005 no programa Operación Triunfo, desde entón conta con éxitos musicais como “Dreamer”, “Feeling You”, “Con Fuego” ou “Universe in me”. “Earthquake” é o novo single.

Por último, o domingo ás 23.00 horas, será a quenda de Remember Queen, un dos mellores tributos do mundo que no seu tour europeo fai parada en Poio. Unha homenaxe a Queen, á súa música e á figura do seu líder, Freddie Mercury, que desde o ano 2011 foi vista por máis de tres millóns de espectadores.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!