XXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

ven21marConsultardom06abrXXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ‘O cine: luces, cámara, acción… que ven o Salón!’(Consultar) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A vixésimo sexta edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará do 21 de marzo ao 6 de abril de 2025, estará centrada no cinema e contará con Francia como país convidado.

Este evento cultural, un dos máis importantes de Galicia no ámbito da literatura infantil e xuvenil, ofrecerá como cada ano unha ampla variedade de actividades, incluíndo talleres, contacontos, espectáculos de artes escénicas, concertos, proxeccións audiovisuais e presentacións de libros.



A vilagarciá Nuria Díaz é a autora do cartel do XXVI Salón do Libro: ‘O cine: luces, cámara, acción… que vén o Salón!’. Foi seleccionada entre os 44 portfolios presentados pola súa vinculación co cinema ao longo da súa ampla traxectoria.

Díaz traballou sobre a relación da literatura e o cinema, inspirándose no imaxinario do cinema clásico e nos personaxes antropomórficos habituais nos contos para cativada.

A ilustradora, que estudou Belas Artes na facultade pontevedresa, ten unha especial relación co cinema e conta con 3 publicacións como autora e ilustradora sobre as figuras de Wes Anderson, Alfred Hitchcock e Charles Chaplin.

Máis información e programa de eventos en salondolibro.gal

Hora

Marzo 21 (Venres) - Abril 6 (Domingo)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!