XXVIII Festa da Ameixa do Carril

dom20ago11:30dom23:50XXVIII Festa da Ameixa do Carrilfesta de interese turístico de Galicia11:30 - 23:50 Porto de Carril - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Catro anos despois da súa última edición, Carril recupera a súa celebración gastronómica máis recoñecida e frecuentada, declarada festa de interese turístico de Galicia.

A Festa da Ameixa volverá á Alameda e á chaira portuaria este verán, nunha única xornada que se desenvolverá o domingo 20 de agosto, co actor Víctor Fábregas como pregoeiro.

O programa da XXVIII edición da Festa da Ameixa do Carril é o seguinte:

  • 11:30 h. Recepción de autoridades, membros da Orde da Ameixa de Carril e confarías gastronómicas e enófilas.
  • 11:45 h. Desfile da Orde e das confrarías. Pasacalles dos Xirifeiros e Nós de Sobradelo.
  • 12:00 h. Pregón do actor Víctor Fábregas.
  • 12:00 h. Inicio e degustación das ameixas ata entrada a noite (apertura de taquillas ás 11:30 horas).
  • 14:40 h. XVI Capítulo da Orde da Ameixa do Carril. Nomeamento de Cabaleiros e Donas.
  • 16:30 h. Concerto de D’Crooners Band.
  • 18:30 h. Pasacalles de Airiños do Carril.
  • 21:30 h. Concerto de Broken Peach.


Hora

(Domingo) 11:30 - 23:50

Localización

Porto de Carril

Rúa Alameda Vella, 1 - Carril - 36610 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Está pasando!