This is a repeating event

XXXII Festa da Ostra en Noalla

ven08ago11:00XXXII Festa da Ostra en Noalla8, 9 e 10 de agosto de 202511:00 Campo de Fútbol Municipal de Noalla - Sanxenxo

Detalles do Evento

Noalla rende homenaxe, desde este venres e ata o domingo, ao seu produto estrela, a ostra. A Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla, organizadora da cita, xa ten todo listo para que no seu trixésimo segunda edición volva ser un éxito

Un ano máis, o colectivo volve confiar a Mariscos Daporta a subministración do bivalvo, 25.000 unidades que prevén ser repartidas entre os comensais que se acheguen á carpa que se situará nas inmediacións do campo de fútbol de Noalla.

Tamén haberá outros produtos como mexillóns, sardiñas, polbo, churrasco, empanada… a prezos populares. A ducia de ostras estará a 12 euros. O viño albariño estará servido por Adegas Aquitania. As xornadas estarán amenizadas con charangas e gaiteiros.

A programación da XXXII Festa da Ostra é a seguinte:

Venres 8 de agosto

  • Ao mediodía, grupo de gaitas Os do Barro
  • Pola tarde, Fanfarria Furruxa

Sábado 9 de agosto

  • Ao mediodía, Os Cruceiros de Vilalonga
  • Pola tarde, Furruxa Gaiteiros

Domingo 10 de agosto

  • Ao mediodía, Charanga Mil-9
  • Pola tarde/noite, Os do Barro

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Campo de Fútbol Municipal de Noalla

Carretera A Lanzada, 146, 147, Noalla, 36990 Sanxenxo

Está pasando!