This is a repeating event

XXXIV Feira do Mel 'Meleira' en Pontevedra

mér14ago10:00mér21:30XXXIV Feira do Mel 'Meleira' en PontevedraDo 14 ao 17 de agosto de 202410:00 - 21:30 Rúa Serra - Pontevedra

Detalles do Evento

A edil de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, participou este venres, 9 de agosto, na presentación oficial da XXXIV Feira do Mel ‘Meleira’, unha das citas clásicas do verán pontevedrés. Os stands que a conforman volverán situarse na rúa Serra entre o 14 e o 17 de agosto, en horario de mañá e tarde.

«A Feira do Mel de Pontevedra ten un ADN de seu, unha tradición propia e realmente é unha cita que moitas pontevedresas están agardando», explica a concelleira. «Esta feira, ademais de contar cuns produtos excepcionais e un programa cheo de actividades, é unha reivindicación da necesidadede potenciar dun sector clave da economía galega como é o sector apícola».


Presetación da XXXIV Feira do Mel, Meleira | © Concello de Pontevedra

Meleira achegará un produto ecolóxico e local até toda a veciñanza pontevedresa, da man dun traballo coidado «que moitas veces loita contra os elementos e unha competencia feroz».

O programa deste ano inclúe actividades moi variadas, que van desde propostas infantís, até catas especializadas, vermús ou concertos musicais. A concelleira quixo ofrecerlle os seus parabéns á organización da feira e á CCU Zona Monumental pola súa colaboración.

Pola súa banda, desde a organización de Meleira agradeceron a implicación do Concello de Pontevedra á hora de poñer en marcha esta feira que xa é unha cita obrigatoria dentro do verán pontevedrés.



Obradoiros da XXXIV Feira do Mel, Meleira:

MÉRCORES 14 DE AGOSTO

  • 18:00 h. Cata comentada de Mel de Galicia IXP
  • 19:OO h. Extracción de mel e degustación iogur con mel
  • 19:30 h. Peter Punk co seu espectáculo “Chungo que te cagas”

XOVES 15 DE AGOSTO

  • 12:00 h. Vermú con Pan de Cea IXP e Mel de Galicia IXP, amenizado por Marcos e o seu Saxofón
  • 19:00 h. Contacontos con Iseo A Moura “Galicia Máxica”

VENRES 16 DE AGOSTO

  • 18:30 h. Extracción de mel e degustación iogur con mel
  • 19:00 h. Consertasso na Harta con Brais das Hortas

SÁBADO 17 DE AGOSTO

  • 18:30 h. Elaboración de velas con cera de abella
  • 19:00 h. Cata de Queixos premiados nas Catas de Galicia 2023

TODOS OS DÍAS

  • Atopa o teu mel. Publicarase cada día, na carpa da Feira, 5 pistas para atopalo


Hora

(Mércores) 10:00 - 21:30

Localización

Rúa Serra

Está pasando!