Arde Bogotá | © Mónica Figueras

Explosión musical esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo con Pancho Varona e Arde Bogotá no Festival TerraCeo

31 Maio 2023

  • Pancho Varona & La Banda del Pirata Cojo chegan este venres a TerraCeo nun concerto emocionante e cheo de historias sobre as cancións icónicas que Pancho escribiu con Joaquín Sabina
  • O ardente espectáculo de Arde Bogotá actuarán o sábado na terraza do Mar de Vigo presentando o seu novo traballo “Cowboys da A3”, nun concerto que esgotou entradas hai dous meses
  • Diversa e emocionante programación no Auditorio Mar de Vigo en xuño: Paco Ibáñez, Sílvia Pérez Cruz, El Mago Yunke ou Disney Rock, El Musical protagonizan un mes cheo de entretemento para toda a familia

Imaxe do concerto de Depedro abrindo a cuarta edición de TerraCeo | © Xavi Iglesias

Esta fin de semana, volve a maxia da música en directo á terraza do Mar de Vigo cun espectacular cartel. O venres, Pancho Varona & La Banda del Pirata Cojo deleitarán ao público de TerraCeo co seu talento e enerxía. O sábado será a esperada quenda de Arde Bogotá, a banda que cativou aos seus seguidores esgotando as entradas desde hai dous meses. A terraza do Mar de Vigo converterase no epicentro da música en directo mentras o sol se pon sobre as impresionantes Illas Cíes, creando un ambiente máxico e único.

O venres, a maxia estará no aire coa actuación de Pancho Varona & La Banda del Pirata Cojo. O público mergullarase nun mar de melodías cativadoras e letras que o transportarán a unha viaxe emocional. Pancho Varona, recoñecido músico e colaborador de Joaquín Sabina, únese á talentosa La Banda del Pirata Cojo para regalar unha noite chea de ritmo e poesía. Co seu enérxico directo e o seu carisma inigualable, brindarannos unha experiencia musical inesquecible.


Pancho Varona & La Banda del Pirata Cojo | Cedida

A emoción alcanzará o seu punto álxido este sábado na terraza do Mar de Vigo co esperado directo de Arde Bogotá. “Cowboys de la A3” é o audaz e esperado novo disco da banda murciana, un disco que nos leva por unha viaxe musical chea de enerxía e autenticidade, demostrando unha vez máis o seu talento para fusionar xéneros e crear un son propio, namorando aos seus seguidores con letras contundentes e melodías irresistibles, e que consolida a Arde Bogotá como unha das bandas máis destacadas da escena musical actual. Un concerto que, ademais, espertou unha enorme expectación e xerou unha gran demanda, esgotando todas as entradas hai dous meses.

Esta cuarta edición do Festival TerraCeo tamén contará este mes coa estrela do soul Curtis Harding, un directo para o que restan poucas localidades; e co verán enriba, chegará o indie-pop bailable de La La Love You, o pop/folk de Julieta Venegas (a piques de completar o aforo na terraza); a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis, o novo flamenco de María José Llergo ou desert blues dos Tinariwen. E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de HARD GZ e o inclasificable trap de Boyanka Kostova. Esta nova edición de TerraCeo conta co apoio de Mahou Cinco Estrellas na súa aposta por reivindicar que os encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor.


Imaxe do concerto de Depedro abrindo a cuarta edición de TerraCeo | © Xavi Iglesias

MÁIS ESPECTÁCULOS PREVISTOS PARA ESTE MES DE XUÑO NO MAR DE VIGO

O Mar de Vigo desprega unha programación de alto nivel durante todo o mes de xuño. Destacan os concertos de Paco Ibáñez, enmarcado no Centenario a Carlos Oroza (9 de xuño), a presentación do novo traballo de Sílvia Pérez Cruz titulado “Toda la vida, un día” (24 de xuño), e o soul envolvente de Curtis Harding (30 de xuño).

Ademais, o público poderá gozar da maxia cativadora de El Mago Yunke (11 de xuño) e o encanto do musical “Disney Rok” (18 de xuño). Tamén se celebrará o Primeiro Festival de Danza Inclusiva, apoiado polo Consello Internacional da Danza CID e en colaboración coa UNESCO (3 de xuño). E para conmemorar o 75 aniversario do Consorcio da Zona Franca, levará a cabo o Vigo Global Summit 2023 (27 e 28 de xuño), un congreso excepcional. O Mar de Vigo convértese no epicentro da cultura e o entretemento cunha programación diversa e emocionante.

Toda a información sobre a venda de entradas pode atoparse na páxina web do Mar de Vigo, www.auditoriomardevigo.com ou na billeteira www.teuticket.com


Está pasando!