A exposición de Pedras -Cabaleiro- chega á Guarda do 25 ao 28 de Agosto

23 Agosto 2022

A Praza do Reló, de Avelino Vicente e a Praza de Abastos Municipal da Guarda son os escenarios escollidos para albergar entre os días 25 e 28 de agosto a exposición de Pedras-Cabaleiro-.

Esta exposición ao aire libre recolle unha colección de obras de artesanía escultórica feitas con pedra do país, granito, pegada en ferro, madeira, cartón ou mesmo feltro.

No percorrido sáltase a diferentes épocas da cultura galega, dende os nosos antepasados castrexos, con pezas como son a espiral, os trísceles, a triqueta, e o labirinto, ata a época dos nosos avós e avoas con unhas obras que falan deles a boina, as tramancas, as zocas… etc.

O percorrido remata na praza de abastos con tres pezas feitas en terracota e pintadas a óleo facendo un homenaxe a gastronomía galega.

Xosé Cabaleiro, nado en Redondela (Choqueiro) no outono de 1961. Autodidacta e adicto o Arte, taberneiro de profesión ata 1994, cando por unha incapacidade decide adicarse a facer artesanía escultórica. Cursa estudos de pintura e debuxo na escola de Suso Ben (1995/1998 Redondela). Do 2010 o 2013 cursa estudos de pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo.


Está pasando!