Estudantes da entidade Aspasia organizan o evento benéfico ‘SolMarket | Tardeo solidario’ en Pontevedra

18 Xuño 2024

Un grupo de estudantes do certificado de profesionalidade en Xestión de Comunicación e Marketing, impartido pola entidade Aspasia como parte do programa de Accións Formativas para desempregados da Xunta de Galicia, están a organizar un evento con fins benéficos baixo a denominación ‘SolMarket | Tardeo solidario’.

Este evento levará a cabo o próximo 28 de xuño ás 18:00 horas na planta superior de O Mercado de Pontevedra.

O ‘SolMarket | Tardeo solidario’ contará cunha variedade de actividades que buscan fomentar a solidariedade e a participación comunitaria. Entre as principais atraccións do evento inclúense:

  • Mercadillo de artigos de segunda man: Unha oportunidade para adquirir produtos únicos e a bo prezo, promovendo a sustentabilidade e o consumo responsable.
  • Casetas de promoción de asociacións con fins sociais: Diversas organizacións sen ánimo de lucro terán a oportunidade de dar a coñecer o seu labor.
  • Casetas de venda e promoción de emprendedores da zona: Varios proxectos de emprendemento terán presenza a través da venda dos seus produtos ou espazo de presentación.
  • Actuación musical en directo: Unha proposta cultural que amenizará a tarde con boa música e un ambiente festivo.
  • Bingo musical: Un divertido xogo cuxa recadación será destinada a unha das asociacións participantes.


Este evento é especialmente significativo para os estudantes organizadores, quen se atopa en situación de desemprego. A planificación e execución de ‘SolMarket | Tardeo solidario’ bríndalles unha valiosa oportunidade para desenvolver as súas habilidades e competencias profesionais nunha contorna real, ademais de gañar visibilidade nun mercado laboral altamente competitivo.

A recadación obtida no evento será destinada a unha das asociacións participantes, apoiando así a organizacións que traballan incansablemente polo benestar social.

Desde a organización do evento, estendemos unha cordial invitación a toda a comunidade a participar neste tardeo solidario, gozando dunha proposta de lecer diferente e contribuíndo a unha causa nobre.

Sobre Aspasia:

Aspasia é unha entidade comprometida coa formación e o desenvolvemento profesional, ofrecendo programas de capacitación e apoio a persoas desempregadas para mellorar a súa empregabilidade e competencias no mercado laboral.

Está pasando!