A Guarda acolle a exposición fotográfica ‘Facedoras do Baixo Miño’

13 Agosto 2021

A Guarda acolle a partires do vindeiro mércores día 18 de agosto unha exposición fotográfica que leva por nome ‘Facedoras do Baixo Miño’, e que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.

Este proxecto da continuidade ao de ‘Facedoras de Bueu’ no que Mar Caldas quere transmitir o legado da muller na Galicia Rural, neste caso centrado na Comarca do Baixo Miño, e ao traballo da muller en diversos ámbitos coma o viveirismo, os cultivos de froitas e verduras, a artesanía ou o traballo do mar, coma é o caso das redeiras.

A exposición estará nos baixos da Casa dos Alonso dende o mércores 18 de agosto ata o 2 de setembro en horario de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas.

A inauguración, con invitación previa, terá lugar o mércores 18 de agosto ás 19:00 horas na Casa dos Alonso.


Está pasando!