O Burgo | © Concello de Pontevedra

A final dos Xogos Efecto PO2 terá lugar o sábado na praza do Concello

24 Xuño 2021

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 celebrará a súa gran final (adiada a pasada semana a causa das previsión meteorolóxicas) o vindeiro sábado 26 de xuño, de 11.00 a 13.00 horas, na praza do Concello.

Os equipos gañadores das xornadas celebradas en cinco barrios o pasado sábado, amosarán a súas habilidades en novas ‘disciplinas’, como a argola no tallo, colleita de mazarocas e esquís familiares e repetirán no xogo da corda. Cada un dos equipos participantes levará o nome do barrio no que competiu na xornada anterior, Monte Porreiro, O Burgo, Pontevedra Leste, O Gorgullón e Campolongo.

Na xornada do sábado 19 participaran 40 familias, entre as que se contabilizaran total de 61 nenos e nenas menores de 12 anos. Naquela primeira xornada, os equipos formados por crianzas e maiores competiran amosando a súa habilidade ao redor de xogos tradicionais e colaborativos como o peletre, o tres en raia, a corda, o pano, e a colleita de mazarocas.

‘Xogos na rúa’ Efecto PO2 é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade, co obxecto de convidar á veciñanza a ocupar o espazo público dunha maneira lúdica e participativa, e enfocándoa especialmente a público familiar e a fomentar a participación interxeneracional.

Equipos gañadadores que competirán na final (por barrios):

Monte Porreiro

  • Alexandre Pichel Blanco (11 anos)
  • Inés Blanco

O Burgo

  • Alba Pérez Costas (7 anos)
  • Bruno Pérez Costas (3  anos)
  • Gabino Pérez Romero
  • Vanesa Costas García

Campolongo

  • Daniella Otero Asorey (7 anos)
  • Iago Otero Asorey (3 anos)
  • Iria Asorey Veiga
  • César Otero Rodríguez

O Gorgullón

  • Eloy Barreiro Loira (10 anos)
  • Adrián Cabaleiro Couso (9 anos)
  • Carles Castillo Sardá

Pontevedra- Leste

  • Bianca Ingrassia Sinopoli (5 anos)
  • Melina Ileana Sinopoli Buceta
  • Hernán Maximiliano Ingrassia Farache
Está pasando!