Presentación de Galidance | © Concello de Pontevedra

Galidance volverá facer do Recinto Feiral de Pontevedra a súa pista de baile

12 Marzo 2024

O evento, organizado por Plié Dance School en colaboración co Concello de Pontevedra, ten un carácter formativo e reunirá a distintos profesionais de fama internacional os días 25, 26 e 27 de marzo na Boa Vila


A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, presentou esta mañá unha nova edición de Galidance, evento coa formación e a danza como base. «É unha cita ao redor do baile urbano, mais tamén do baile como disciplina artística e creativa, unha forma de expresión corporal que aporta beneficios para a saúde, tanto física como mental», explicou a edil.

Gulías estivo acompañada por dúas das organizadoras do evento, Pilar Toreli e Milena Toreli, da academia de baile Plié Dance School. Impulsoras do proxecto, «o ano pasado lograron dar forma a un evento realmente importante que congregou a moitísimas e moitísimos profesionais da danza, foron quen de convocar no Recinto Feiral a mozos e mozas chegados de moitos puntos distintos». A concelleira amosou o seu agradecemento pola súa continuada aposta pola Boa Vila e «intentaremos que o ritmo non pare».

A actividade desenvolverase entre o 25 e o 28 de marzo no Recinto Feiral de Pontevedra e é posíbel inscribirse aínda no programa (ou en parte do mesmo) a través das redes sociais da academia, @pliedanceschool, chamando ao número+34 604 066 791 ou no enderezo oficial da academia hola@pliedanceschool.net.



Galidance ofrece a posibilidade de formarse con algúns dos bailaríns e bailarinas máis interesantes do panorama actual en distintos estilos como contemporáneo e heels.

Leire Dallas, Fonsi López ou Lola Beckers son algúns dos nomes que figuran dentro dun programa que se dividará en dúas quendas distintas, de mañá e de tarde, on clases de unha hora e media.


Está pasando!