Gustavo Almeida presenta o 3 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra ‘Vértice’, o seu primeiro traballo en galego

31 Xaneiro 2023

O venres 3 de febreiro ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre ata completar o aforo, Gustavo Almeida presenta ‘Vértice’, o seu primeiro traballo en galego.

Un disco-libro que conta, no apartado literario, con dúas historias que se entrelazan: O seu paso do fútbol á música e o proceso de produción do mesmo. Ademais do prólogo da escritora Baia Fernández, da tamén escritora Fina Casalderrey e como delicatessen, o cifrado de todas as cancións do disco, para os amantes da guitarra.

No musical, conta con seis duetos con artistas galegas como: Teo Cardalda (Cómplices), Nastasia Zürcher, Silvia Penide, Sheila Patricia, Manoele de Felisa e Brais Morán.



VÉRTICE

Unha vida divida en dous partes. Infancia e adolescencia en Brasil e a idade adulta en Europa. Vértice é o punto de encontro persoal e musical entre o absorbido a primeira parte da súa vida e todo o demais que escoitou e aprendeu a partir da súa chegada a España, ata hoxe.

Un disco-libro producido, escrito e maquetado con moito mimo. Exquisito desde as súas composicións ata o seu deseño final, onde o deseñador gráfico arxentino Martín Acosta tivo moita sensibilidade para reflectir na súa portada e composición de contidos, este punto de encontro entre as dúas metades da vida de Gustavo.

Conta cun suxestivo prólogo do músico Alberto Rayco. Un marabilloso texto do escritor Jaime Millás, onde se imaxina a presentación do seu disco e xoga cos títulos das cancións do mesmo. A historia do paso de Gustavo do fútbol á música e todo o proceso deste disco escrito da súa propia man. E a delicatessen deste disco-libro: o cifrado de todas as cancións para os amantes da guitarra que queiran aprendelas.

Musicalmente falando, Gustavo segue unha coherencia en relación aos seus anteriores discos. ‘Vértice’ é un álbum composto por doce temas que son, en efecto, o que dá nome a este novo disco. Un punto onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil.

Gravado en Valencia baixo a dirección de Nacho Mañó recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Nena Pastori, Armando Manzanero, Presuntos Implicados, Santiago Cruz… Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida pola solidez do repertorio e a excelencia da gravación. Un disco para a amantes da arte e das cousas feitas con coidado, amor e camiño.

Está pasando!