Ítaca, un espazo interactivo que fusiona educación financeira coa mitoloxía grega, inspirándonos na lendaria ‘Odisea de Ulises’

20 Maio 2025

Abanca e Afundación convídannos a viaxar cara á liberdade económica con Ítaca, un espazo interactivo que fusiona educación financeira coa mitoloxía grega, inspirándonos na lendaria ‘Odisea de Ulises’.

Guiarannos a través dun percorrido fascinante onde cada paso te achegará á estabilidade económica coa axuda de intelixencia artificial, personaxes interactivos e efectos visuais. Propóñennos diferentes obstáculos financeiros reais (consumismo, débedas, riscos financeiros e cibernéticos, inversións arriscadas…) para aprender a manexar o teu diñeiro de xeito práctico e atractivo.

Ata o 30 de xuño, na Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo, espéranos unha viaxe chea de coñecemento, diversión e ferramentas para transformar a túa relación coas finanzas e vivir con maior seguridade o teu día a día.

DATAS

  • Inauguración 3 abril | 19.00 h
  • Aberto do 3 de abril ao 30 de xuño

HORARIO

  • Luns a venres | 17.30 a 20.30 h
  • Sábados | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h
  • Domingos e festivos | pechado

VISITAS GUIADAS

  • Xoves 10 e 24 abril | 19.00 h
  • Xoves 8, 15, 22 e 29 maio | 19.00 h
  • Xoves 5, 12, 19 e 26 xuño | 19.00 h

Actividade gratuíta dirixida a todos os públicos. En colaboración con FUNCAS. Inscríbete (Prazas limitadas).

DIDÁCTICA

  • INFANTIL a 3º PRIMARIA | «Viaxe ao centro do aforro» | Estes pequenos e pequenas Ulises montarán unha simpática feira para entender que é iso dos prezos…
  • 4º PRIMARIA a 2º ESO | «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?» | Valéndose das mates, deberán chegar a Ítaca, conservando e aumentando a súa carteira!
  • 3º ESO a BACH, CF | «Ítaca» | A Odisea como metáfora dos altibaixos financeiros, será a travesía a superar chegando cos cartos ata o final.

De balde! Información e reservas: areaeducativavigo@afundacion.org ou no 986 129 032

Está pasando!