Jennifer López chega a Pontevedra este verán coa súa xira ‘Up all night’

7 Abril 2025

A artista internacional Jennifer López ofrecerá un concerto na cidade de Pontevedra o vindeiro 8 de xullo, no parque da antiga Tafisa.

Trátase dunha das cinco paradas que fará no Estado ao longo da súa xira ‘Up all night Live in 2025’. López, coñecida como a “ultimate triple threat” —cantante, bailarina e actriz— é unha artista galardoada e multiplatino con logros que baten récords.



Ata a data, leva vendidos máis de 80 millóns de discos, acumulou máis de 15 mil millóns de reproducións e conta con case 28 millóns de oíntes mensuais só en Spotify.

A neoyorquina pasará por Pontevedra o 8 de xullo, por Cádiz o 10 de xullo no Estadio Nuevo Mirandilla, por Málaga o 11 de xullo no Estadio de Atletismo Ciudad de Málaga, por Barcelona o 15 de xullo no Sant Jordi Club e por Bilbao o 16 de xullo no BEC.

Ao longo dos vindeiros días, promotora e artista ofrecerán máis detalles ao redor destes espectáculos.

Está pasando!