Jethro Tull visitarán o Auditorio Mar de Vigo dentro da súa xira internacional

2 Febreiro 2023

  • A banda liderada polo lendario Ian Anderson visitará o Auditorio Mar de Vigo o próximo 27 de maio dentro da súa xira internacional na que presentarán o seu novo traballo ‘RökFlöte’
  • As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com

A lendaria agrupación Jethro Tull elixen o Auditorio Mar de Vigo como unha das paradas da súa xira internacional. Nestes concertos repasarán con exquisita contundencia case todos os seus grandes éxitos e presentarán ‘RökFlöte’, o seu novo disco, que sairá á luz o día 21 de abril. Trátase dun álbum inspirado nos deuses da mitoloxía nórdica que serve como homenaxe á frauta, instrumento característico da banda. Jethro Tull manteñen hoxe unha actividade e nivel de produción coa súa calidade orixinal intacta.

Jethro Tull irromperon nos anos 60 cun son novo e irresistible que supuxo un gran impacto global. A comezos de 1968, un grupo de músicos británicos que compartían a súa paixón polo blues e outras formas musicais decidiron reunirse e conquistar ao público de diferentes pubs e clubs do sur de Inglaterra.

Jethro Tull mostraron unha evolución desde o seu primeiro álbum ‘This Was’ (1968), con clara orientación ao blues, viaxando cara a sons máis locais e eclécticos con ‘Stand Up’ (1969) e varios singles, incluíndo ‘Living In The Past’.

‘Benefit’, ‘Aqualung’ e ‘Thick As A Brick’ continuaron a súa traxectoria e o éxito da banda comezou a crecer a nivel internacional. Varios membros da banda foron e viñeron, pero o carismático líder e compositor, flautista e cantante Ian Anderson, continuou liderando o grupo a través das súas diferentes creacións musicais.


Ian Anderson, cantante e lider de Jethro Tull

Jethro Tull foi, cara a mediados dos 70, un dos grupos máis exitosos do directo internacional, rivalizando con Led Zeppelin, Elton John e ata The Rolling Stones. O seu éxito resultou sorprendente, debido a que eran un grupo máis sofisticado e cunha extravagancia estilística moi evolucionada que os situaba lonxe do pop e rock daquel momento.

Con máis de 30 álbums ás súas costas e unhas vendas que superan os 60 millóns de copias, Jethro Tull continúan viaxando por todo o mundo para deleite dos seus seguidores.

Tras 50 anos, o repertorio de Jethro Tull preséntase en directo ao redor de 100 veces por ano, con Ian Anderson á cabeza das súas diferentes xiras. Anderson continúa sendo o centro dun grupo con ás veces cambiantes pero sempre excelentes músicos.

Nestes concertos destacarán a súa posta en escena, que combina un impactante deseño de iluminación cunha gran pantalla de vídeo que exerce de fío condutor do concerto.

Jethro Tull son: Ian Anderson (frauta, guitarra, bouzouki, mandolina, harmónica e voz), Joe Parrish (guitarra), Scott Hammond (batería e percusión), John O’Hara (director de orquestra, piano, teclados e acordeón) e David Goodier (baixo e contrabaixo).

Entradas anticipadas á venda dende 35 euros a través de www.teuticket.com


 

Está pasando!