Julieta Venegas presentará o seu último traballo, “Tu historia”, este sábado no festival TerraCeo

6 Xullo 2023

  • A artista mexicana regresa a Vigo para un concerto especial dentro do Festival TerraCeo onde presentará o seu último disco “Tu historia” coas entradas esgotadas desde hai un mes
  • O seu directo estará precedido pola actuación de Santi Araújo. Unha combinación perfecta onde converxen as súas traxectorias en México, a súa procura incansable dun son íntimo e a profunda conexión que ambos músicos
  • O Festival TerraCeo pechará o mes de xullo cunha programación excepcional. Dúas bandas de gran renome internacional, Tinariwen e Kitty, Daisy & Lewis, e a gañadora dun Goya, María José Llergo

O sábado chega á terraza do Mar de Vigo unha das actuacións máis destacadas da cuarta edición do Festival TerraCeo, a de Julieta Venegas, coas entradas esgotadas desde hais máis dun mes.

A artista mexicana, coñecida polo seu estilo musical único e as súas letras profundas, promete ofrecer unha actuación inesquecible no marco do festival TerraCeo, onde presentará o seu último traballo, “Tu historia”. A súa capacidade para fusionar xéneros como o pop, rock e folk latinoamericano gañou o corazón de millóns de persoas en todo o mundo.

A presenza da artista este sábado na espectacular terraza do Mar de Vigo non só deleitará aos asistentes co seu directo, senón que tamén marcará outro fito na experiencia musical do festival. Os asistentes poderán gozar dos seus éxitos máis coñecidos, “Me voy” o “Limón y sal”, así como das novas cancións do seu último álbum, “Tu historia”. A súa capacidade para transmitir emocións a través da súa música asegura unha cita única.

O seu directo estará precedido pola actuación de Santi Araújo. Unha combinación perfecta onde converxen as súas traxectorias en México, a súa procura incansable dun son íntimo e a profunda conexión que ambos músicos comparten coa natureza. A música de Santi non é para darse un atracón, é un prato feito para degustar e paladear con calma, entendendo todas as emocións e ideas que transpiran as súas cancións.

Coa actuación de Julieta Venegas, alcánzase o ecuador do Festival TerraCeo, e sen dúbida, será un dos momentos máis sobresalientes deste ciclo de concertos que se prolongará ata finais de setembro e polo que pasarán este mes o novo flamenco de María José Llergo (21 de xullo), gañadora, ademais, dun Goya á mellor canción orixinal, a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis (22 de xullo), ou desert blues dos Tinariwen (25 de xullo).

E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de HARD GZ, concerto para o que restan menos de cen entradas (23 de setembro), e o inclasificable trap de Boyanka Kostova (22 de setembro).

Esta nova edición de TerraCeo conta co apoio de Mahou Cinco Estrellas na súa aposta por reivindicar que os encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor.

Toda a información sobre a venda de entradas pode atoparse na páxina web do Mar de Vigo, www.auditoriomardevigo.com ou na billeteira www.teuticket.com


Concerto de Curtis Harding na terraza do Mar de Vigo | © Xavi Iglesias

Está pasando!