Lagartija Nick presentará en Pontevedra o seu novo traballo homenaxe a Buñuel ‘El Perro Andaluz’

25 Outubro 2023

O Ciclo ‘As Matinés do Principal’ traerá o sábado 4 de novembro ao Teatro Principal de Pontevedra aos granadinos Lagartija Nick, cun novo traballo no que, xunto a Marcel Bagés e David Soler na produción, adaptan o poemario de Luis Buñuel.

Lagartija Nick en directo rende homenaxe a Federico García Lorca, José Val Del Ornar e Luís Buñuel, pero tamén ao cine de principios do século XX, non só aos creadores e creativos da época, senón tamén ao mundo do cine, ao arte de capturar a luz e convertila en narración.

Combinase una pantalla central na que se proxectarán contidos orixinais editados especialmente para cada momento do concerto, cunha instalación de proxectores distribuidos sobre o escenario.

Entradas anticipadas á venda dende 12 euros en Ataquilla.com, ou o mesmo día na billeteira do Teatro Principal unha hora antes.


‘El Perro Andaluz’ de Lagartija Nick | © Iván Martínez

En esencia, a carreira de Lagartija Nick pódese definir con ese aforismo de Val del Omar: «Quen ama, queima. E o que arde voa á velocidade da luz».

A banda de Antonio Arias desenvolveu unha carreira tan brillante como temeraria. Suicidáronse varias veces. E sempre cando as cousas lles ían ben. Abrazaron os extremos con paixón. Pisaron o acelerador contra a parede para subir co impacto. En 1991, o grupo, completado con Eric Jiménez na batería e o guitarrista Juan Codorniú, puxo as bases da súa linguaxe en Hipnosis, un dos discos de estrea máis emocionantes do rock español.

Tensión electrificada. Vicio e paranoia na voz-pregón de Antonio Arias. Descargas de punk-rock artie, visionario e anfetamina. Ambientes futuristas. Flashes inquietantes.

Paralelamente o venres 3, con entrada de balde, será o a estrea en Galicia de ‘La importancia de llamarse Ernesto y la gilipollez de llamarse Eric’, documental sobre a vida e os golpes do mítico batería de Los Planetas e de Lagartija Nick, con posterior coloquio con Eric Jiménez e co director César Martínez Herrad.

Premio do público no Festival de San Sebastián.


Está pasando!