Leo Bassi, The Last Internationale, Marwán e varios faladoiros conformarán “Guerrilla” do 7 ao 10 de outubro en Pontevedra

28 Setembro 2021

A I edición do programa “Guerrilla” terá lugar do 7 ao 9 de outubro entre o Teatro Principal – para os espectáculos teatrais e musicais – e o Pazo de Mugartegui – destinado aos faladoiros, ten os obxectivos de achegar o mellor das acción culturais do momento que teñan que ver con aspectos reivindicativos e combativos e que o público non quede indiferente.

O xoves 7 ás 19:00 horas, Eva Mejuto e Manuel Gago conversarán sobre a resistencia galega na II Guerra Mundial en Galiacia e Pontevedra, o venres 8 á mesma hora Montse Fajardo e María Xesús Escudeiro da loita antifranquista en Pontevedra e o sábado 9, de xeito previo á presentación do seu poemario e concerto Marwán e Iván Prado achegarán a situación da Palestina e falarán a da poesía como motor de cambio. Pola súa banda o venres ás 18h, tamén no Pazo de Mugartegui, Vero Rilo ofrecerá un espectáculo de narración oral sobre “Historias de amor, vida, guerra e case morte”. Para asistir a calquera destas actividades é preciso escribir a guerrillapontevedra@gmail.com

Os espectáculos de peche do día, no Principal ás 21:00 horas correrán a conta de Leo Bassi o xoves 7 con “Yo, Musolini” o seu último espectáculo que está percorrendo todo o mundo onde Leo explica porque ocorreu o auxe do fascismo en Italia que derivou logo na II Guerra Mudial, que ven de presentar en Italia e Alemania e que despois traerá a Pontevedra.

Ao día seguinte, contaremos con The Last Internationale, unha banda de rock internacional que fará unha versión un tanto especial de temas de loita e resistencia nun concerto acústico e pechará o sábado 10 a actuación de Marwán presentado o seu novo poemario e cancioneiro “Una mujer en la garganta” publicado hai pouco.

Para estes espectáculos de música e teatro, as entradas xa están á venda en Ataquilla.com a un prezo de 10 euros para Leo Bassi e The Last Internationale e 8 euros para Marwan.


Está pasando!