Luar na Lubre, Máis Cantos, Quinkillada e Black Stones conforman a oferta musical das Festas da Virxe do Porto

4 Setembro 2022

O Concello de Marín fixo oficial a programación das festas da patroa, que se celebrarán entre o 7 e o 10 de setembro, tendo en conta que o xoves 8 é festivo local en Marín.

A programación arrancará o mércores, 7 de setembro, cun concerto de The Black Stones na Alameda Rosalía de Castro.

O xoves 8, festividade da Virxe do Porto, ás 12.00 horas celebrarase a misa e procesión, onde actuará a Coral Lembranzas, a agrupación Airiños de San Xulián e a Banda da Escola Naval Militar. A partir das 18.30 horas, haberá o espectáculo infantil ‘Con Tom y Son’ na Alameda e ás 19.30 horas iniciarase o pasarrúas con Máis Cantos. Ese día, ademais, estará a Asociación Bolimar palillando na Alameda, entre as 10.30 e as 14.00 horas.

O venres, celebrarase a IX Edición da Noite Estrela, organizada pola Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín, unha oportunidade única para apoiar o comercio local, e ás 21.00 horas será na Alameda o concerto de Luar na Lubre.

Finalmente, o sábado 10 de setembro, ás 22.00 horas, será a quenda do grupo Quinkillada, que actuará na Alameda.


Está pasando!