Manel Loureiro e Leilía participarán na primeira edición de ‘Marín Vila do Libro’

15 Maio 2025

O Concello de Marín xa ten todo preparado para converterse nunha gran libraría na primeira edición de ‘Marín Vila do Libro’. O festival literario, que terá lugar entre o 16 e o 18 de maio, conxugará literatura, obradoiros relaciones cos oficios tradicionais do libro artesanía, música, poesía e diálogo entre autores co fin de converterse nun referente cultural na fin de semana das Letras Galegas.

A programación foi presentada na Biblioteca Pública Vidal Pazos por parte da alcaldesa, María Ramallo, e o director do festival, Enric Bono. A Alameda, a Igrexa Vella e a Rúa Real acollerán a programación deste evento literario, que promoverá a lectura, a creación literaria, a reflexión crítica e o intercambio de coñecemento.

Unha programación diversa e participativa que contará con grupos de música referentes de Galicia como Leilía ou o grupo Gallos del Norte, e que organiza encontros con escritores como Manel Loureiro, Elena Gallego ou Francisco Castro, entre outros.

O proxecto ‘Vila do Libro’, que se celebrou en Galicia por primeira vez en Pontedeume o ano pasado, chega agora a Marín co fin de converter o espazo público nun punto de encontro arredor dos libros.

Con actividades que van dende obradoiros para nenas e nenos ata mesas de debate con autores recoñecidos, a vila aspira a consolidarse como un referente cultural da comarca e un polo de dinamización cultural e económica.

Está pasando!