Manel pecha a súa xira en Galicia, actuando esta noite en Ferrol e mañá en Pontevedra

4 Novembro 2022

O pop catalán de Manel volve a Galicia para despedir a súa xira ‘Per la bona gent’ por todo o alto. Ferrol e Pontevedra acollerán nesta ocasión o espectáculo desta banda que xa deixou ao público abraiado no concerto de Santiago de Compostela o pasado mes de marzo.

Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas (física e streaming) conPer la bona gent’ (Ceràmiques Guzmán, 2019) e convertirse no único artista en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, MANEL iniciaron unha xira que quedaría fatalmente interrumpida pola pandemia. Lonxe de acomodarse, a banda regresou aos escenarios a mediados de 2020 co mellor show da súa carreira e aproveitou para rematar tres cancións inéditas.


© Manel

‘Per la bona gent’. O primeiro EP na carreira de Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé entrelázase en directo cun repertorio que xa é historia. Unha historia que, máis ala do seu medio milleiro de concertos ao longo e ancho da xeografía ibérica, pero tamén en lugares tan diversos como Estados Unidos, Arxentina, México, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Luxemburgo, Suiza, Alemaña e Filipinas, non fixo máis que comezar.

  • Venres, 4 de novembro, ás 20.30 horas. Teatro Jofre, Ferrol. Entradas anticipadas á venda en woutick.es
  • Sábado, 5 de novembro, ás 21.00 horas. Pazo da Cultura de Pontevedra. Entradas anticipadas á venda en woutick.es

Está pasando!