Marcus Nispel, Diana Peñalver e Arturo Balseiro | Curtas Festival do Imaxinario

Marcus Nispel, Diana Peñalver e Arturo Balseiro premios honoríficos de Curtas Festival do Imaxinario 2025

16 Outubro 2025

Marcus Nispel, o director alemán tras os exitosos remakes de ‘A Matanza de Texas’ ou ‘Venres 13’, entre outras, recibirá o premio “Mestre do Fantástico” de Curtas Festival do Imaxinario 2025.

Xunto a el, a actriz protagonista de ‘Braindead, a túa nai comeuse ao meu can’, Diana Peñalver recibirá o premio “Icona do fantástico”.

Tamén recibirá premio o técnico de efectos especiais Arturo Balseiro pola súa contribución ao xénero co seu traballo en títulos como ‘Extinction’, ‘Lobos de Arga’, ‘Cold Skin’, ‘O Labirinto do Fauno’, ‘Romasanta: A caza da besta’, ‘Dagón: a seita do mar’ ou ‘O Espinazo do Diaño’.

Ademais, visitarán o festival os artistas Salvador Larroca (X.Men, Star Wars, Alien), Aneke (Bylines In Blood), ou Xermánico (Arrow , Injustice: God Among Us, Vampire Diaries) entre outros. Podes consultar a lista completa aquí.

53º CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO EN VILAGARCÍA

Curtas Festival do Imaxinario é un festival de cinema fantástico e de terror que se celebra anualmente en Vilagarcía de Arousa. Recentemente foi elixido como un dos 90 mellores festivais de xénero do mundo por Dread Central, o medio líder no xénero de terror.

53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario celebrarase do 24 de outubro ao 2 de novembro. O festival promete ser un evento emocionante e cheo de sorpresas, cunha selección de películas que exploran os límites do fantástico e o terror.

Con máis de 50 anos de historia, é o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular.

O festival destaca pola súa capacidade para xerar experiencias inolvidables con proxeccións de longametraxes e curtametraxes, exposicións, presentacións e actividades paralelas, todo elo de entrada gratuita, que o converten nun evento imprescindible para os amantes do xénero.

Con máis de 50 anos de historia, é o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular.

Está pasando!