Presentación da imaxe do cartel oficial das Festas do Carme de 2024 | © Concello de Marín

Marín presenta a imaxe do cartel oficial das Festas do Carme de 2024, un traballo da pintora Patricia Piñeiro Otero

20 Xuño 2024

Un candil que alumea o futuro e que protexe aos mariñeiros e a mirada dunha Virxe do Carme moi especial


Esa será a imaxe do cartel oficial das Festas do Carme de 2024, que foi presentado esta mañá no Concello de Marín pola súa autora, a pintora Patricia Piñeiro Otero e Richard Pazos, de Céltica Marín ArteCultura, acompañados pola alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Festas, Marián Sanmartín García.

A representación da Virxe está totalmente unida coa importancia do mar, xa que a súa coroa está feita con elementos como cunchas e o seu manto son redes e algas. “Ademais, a virxe leva na man un faroliño, que é unha áncora e leva grabado a base da farola de Marín, a carriola de Manuel Torres, que representa o centro histórico da vila, testemuña de todos os cambios e na que ademais aparecen os mariñeiros”, explicou a artista. Precisamente con ese candil, a pintora anímanos a que “ver as cousas desde outra lente”.


Está pasando!