Marín presenta un completo programa de Entroido que encherá de festa, tradición e cor as rúas da vila

23 Xaneiro 2024

Cor, moita luminosidade e arte é o que caracteriza a proposta feita pola ilustradora marinense Laura Romero, da academia O Roibén, que deseñou o cartel pensando “nunha das figuras máis representativas do Entroido de Marín, que é a sardiña, e nunha das personaxes que forma parte da parodia: a viúva”.

Pero non pensedes nunha viúva triste e chorosa! Non, non! En palabras da artista: “Ten unha sonrisa explosiva, como se estivera rindo a gargalladas, transmitindo a alegría e o desenfado do Entroido”.

Con respecto ao resto do deseño do cartel do Entroido marinense, tanto a viúva como a sardiña están rodeados de elementos decorativos típicos do Entroido como o confeti ou as máscaras, “que fan unha chiscadela aos disfraces, as comparsas e a festa que se xera na rúa”.


Presentación do cartel do Entroido 224 | © Concello de Marín

A programación do Entroido en Marín 2024 por días é seguinte:

LUNS 5 Á VENRES 9 DE FEBREIRO

  • Velorio e charlas do Enterro da Sardiña nos Centros Educativos do municipio. Organiza Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín

VENRES 9 DE FEBREIRO

  • 21:00 h. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza Concello de Marín e Saljariteiros

SÁBADO 10 DE FEBREIRO

  • 16:00 h. Inscrición Desfile infantil no palco da música da Alameda Rosalía de Castro
  • 16:30 h. Desfile Infantil, polas rúas: Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren. (No caso de choiva, o desfile cancélase)
  • 17:00 – 19:00 h Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros, e filloas de balde. Organiza Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Multiusos)

DOMINGO 11 DE FEBREIRO

  • 12:30 h. Animación de Entroido polas rúas de Marín
  • 16:00 h. Concentración de participantes do Desfile de Adultos na praza do Regueiro
  • 17:00 h. Gran Desfile de disfraces e carrozas, polas seguintes rúas: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, rematando no parque Eguren coa entrega de premios. (No caso de choiva, aplazarase)

LUNS 12 DE FEBREIRO

  • Comezo do Velorio do Enterro da Sardiña na entrada do Concello. Organiza Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín
  • 12:00 h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza Amigos dos Rapaces e Concello de Marín
  • 17:00 h. Festa infantil coa animación de DOLCEVITA na Lameiriña. Organiza Amigos dos Rapaces e Concello de Marín
  • 17:00 – 21.00 h. Tarde de LUDOXORNADAS no Museo M. Torres

MARTES 13 DE FEBREIRO

  • 17:00 – 21:00 h. Tarde de LUDOXORNADAS no Museo M. Torres
  • 18:00 h. Talleres e xogos infantís de Entroido na Alameda e chocolatada de balde. Organiza Concello de Marín
  • 20:00 h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas no local do Ateneo, organiza Ateneo Santa Cecilia

MÉRCORES 14 DE FEBREIRO

  • 17:00 h. Velorio do Enterro da Sardiña no Palco da Música.
  • 20:00 h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, rúa do Sol ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón
  • Ao rematar saída por rúa Real, Almuíña, praza de España e despedida ao Mar.

SÁBADO 17 DE FEBREIRO

Entroido en Seixo:

  • 16:30 h. Animación da Charanga NOROESTE en Seixo
  • 17:00 h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile. Organiza Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín

DOMINGO 10 DE MARZO

  • 09.00h. Andaina Montes e Praias. Organiza Concello de Marín
  • 12:00 h. Degustación do Bolo do Pote a cargo de Pousos de Area, na Alameda Rosalía de Castro.Organiza Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Multiusos)
  • 17:00 h. Desfile de San Xulián, organiza Comparsa Os da Caña


BASES DESFILE INFANTIL

BASES DESFILE ADULTOS

FOLLA DE INSCRICIÓN

Está pasando!