Marín presenta unha extensísima programación estival baixo o lema ‘Vive o verán, vive Marín’
22 Xuño 2022
‘Vive o verán, vive Marín’ é o slogan elixido para toda a programación de dinamización que xa arranca desde San Xoán e que estará chea de citas imperdibles ao longo de toda a época estival.
O verán en Marín é para vivilo. A nosa vila é para desfrutala, gozala e sacarlle todo o partido. Por iso, desde o Concello, lanzan a programación de dinamización da época estival baixo este lema, porque, en palabras da concelleira de Festas, Marián Sanmartín, “temos todos os ingredientes perfectos para desfrutar desta época na nosa vila, cunha programación extensa e intensa na que levamos meses traballando”.
Arrancamos o 23 de xuño, coa celebración do San Xoán, no que xa hai rexistradas máis de 150 cacharelas privadas. A noite máis máxica do ano, ademais, contará co tradicional foleón de Cantodarea e a fogueira pública da Asociación de Veciños de Mogor. A partir de entón, sucéndense as citas.
A programación online pode consultarse na web municipal concellodemarin.es/veranmarin
Venres, 24 de xuño
- 12:30 h. Misa SAN XOÁN e actuación de TROMPOS OS PÉS. A CAÑOTA.
- Xornadas da Moda do Comercio Local. LA BODA DE NEREA. Alameda.
- Torneo ANTONIO SUÁREZ. Organiza Marín Futsal.
Sábado, 25 de xuño
- 17:30 h. Estrea do Book-Trailer e audiolibro de La Primera Meiga. Quenco de Aguete.
- Xornadas da Moda do Comercio Local. LA BODA DE NEREA. Alameda.
- Torneo ANTONIO SUÁREZ. Organiza Marín Futsal.
Domingo, 26 de xuño
- Torneo ANTONIO SUÁREZ. Organiza Marín Futsal.
Xoves, 30 de xuño
- Acto Fin de Curso ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Finca de Briz.
Venres, 1 de xullo
- 19:30 h. Fin de curso MUSIMARÍN. Alameda.
- CANTOS DE TABERNA cos Salghariteiros.
- CONCENTRACIÓN MOTEIRA.
Sábado, 2 de xullo
- CONCENTRACIÓN MOTEIRA.
Domingo, 3 de xullo
- CONCENTRACIÓN MOTEIRA.
Venres, 8 de xullo
- Feira de Viños da IXP DO MORRAZO. Alameda.
- 20:30 h. Pasarrúas POUSOS DE AREA. Rúas de Marín.
- 21:00 h. Charanga NOROESTE. Rúas de Marín.
- 23:00 h. MARÍN DANCE FESTIVAL. Parque Eguren.
Sábado, 9 de xullo
- Feira de Viños da IXP DO MORRAZO. Alameda.
- 20:30 h. Batucada MARACUMBÉ BLOCO. Rúas de Marín.
- 21:30 h. Lectura do PREGÓN a cargo de MANUEL VILLANUEVA. Alameda.
- 22:30 h. Batucada AXÉ BAHÍA. Rúas de Marín.
- Animación Musical:
- 22:45 h. Ezequiel Massoni: GRUPO REVER.
- 22:45 h. Praza 8 de Marzo: TEORÍA DE LA NADA.
- 23:00 h. Méndez Núñez: LA BANDA DE LESTE.
- 23:00 h. Almuíña – Praza de España: EVA PICO TRÍO.
- 23:00 h. Méndez Núñez: LA BANDA DE LESTE.
- 23:15 h. Lameira: ARTE E MAÑA.
- 00:30 h. Alameda: LA MOVIDA.
- 00:30 h. Praza da Constitución: ROBER CARCOS BAND.
- 00:30 h. Augusto Miranda: RAÚL & CIA.
Domingo, 10 de xullo
- Feira de Viños da IXP DO MORRAZO. Alameda.
- 12:30 h. Pasarrúas TROMPOS OS PÉS. Rúas de Marín.
- Misa e procesión na honra de SAN CRISTOVO. Igrexa Santa María do Porto.
- 20:30 h. Actividade infantil TARABELOS. Alameda de Marín.
- 20:30 h. Pasarrúas CHANEIROS. Rúas de Marín.
- 21:30 h. Gala BALLET DE GALICIA. Parque Eguren.
Luns, 11 de xullo
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA (Ata o 18 de xullo). Alameda de Marín.
- 21:00 h. Batucada MARACUMBÉ BLOCO. Rúas de Marín.
- 22:30 h. Orquesta KUBO. Praza de España.
Martes, 12 de xullo
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- 20:30 h.Pasarrúas OS DE MARÍN. Rúas de Marín.
- 21:00 h. Concerto da Banda de Música MUSIMARÍN. Alameda.
- 22:30 h. BATALLA DE FLORES NOCTURNA (Av. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer).
Mércores, 13 de xullo
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- 20:30 h. Charanga JALÁCTICOS. Rúas de Marín.
- 21:00 h. Actividade infantil do MAGO NOEL. Alameda de Marín.
- 22:30 h. Espectáculo Musical PARÍS DE NOIA. Praza de España.
Xoves, 14 de xullo
- 11:30 h. Pasarrúas MAIS CANTOS. Mercado e Praza de Abastos.
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- 20:30 h. Charanga NOROESTE. Rúas de Marín.
- 21:00 h. Actividade infantil O MAGO PACO E AMIGOS. Alameda.
- 22:30 h. Espectáculo Musical PANORAMA. Praza de España.
Venres, 15 de xullo
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- 20:30 h. Pasarrúas e baile AIRIÑOS DE SAN XULIÁN. Rúas de Marín.
- 21:00 h. Actividade infantil TRUQUE MATRUQUE. Alameda de Marín.
- 22:30 h. Gala XACOBEAS en Concerto. Praza de España.
Sábado, 16 de xullo
- 11:30 h. Pasarrúas PICUÍÑA. Rúas de Marín.
- 12:00 h. Misa na honra da Virxe do Carme. Igrexa Santa María do Porto de Marín.
- 13:00 h. Concerto e baile de O FIADEIRO. Alameda.
- 18:30 h. Ofrenda floral á Virxe do Carme. Saída do Concello.
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- 19:00 h. Procesión marítimo – terrestre da Virxe do Carme.
- 21:30 h. Batucada AXÉ BAHÍA. Rúas de Marín.
- 22:00 h. Espectáculo POMPER. Alameda.
- 23:00 h. Orquesta MARBELLA. Praza de España.
- 00:00 h. Gran tirada de fogos de artificio.
Domingo, 17 de xullo
21:00 h. XXV Festival Folclórico de AIRIÑOS DE SAN XULIÁN. Alameda. Participan: Grupo Alborada do Centro Galego de Mar de Plata (Arxentina), Rancho Folclórico Säo Salvador de Árvore (Portugal) e Grupo Folclórico Airiños de San Xulián (Marín).
Luns, 18 de xullo
- 19:00 h. Mostra de ARTESANÍA. Alameda de Marín.
- DÍA DO NENO
Sábado, 23 de xullo
- FESTAS DE VERÁN EN SEIXO.
- 12.00 h. Actividade infantil. Alameda de Seixo.
- 22:30 h. Orquesta D´NOCHE. Alameda de Seixo.
- 00 h. DJ Rubén. Entorno da Praza de Abastos de Seixo.
- Concerto de pago CALI EL DANDEE. Parque Azul.
Domingo, 24 de xullo
- FESTAS DE VERÁN EN SEIXO
- 12.00 h. Actividade infantil a cargo de TARABELOS. Alameda de Seixo.
- 12:30 h. Animación OS SALGHARITEIROS. Entorno da Praza de Abastos de Seixo.
- 23:00 h. Animación Musical LA BANDA DE LESTE e LA MOVIDA. Entorno da Praza de Abastos de Seixo.
Luns, 25 de xullo
- Romaría de TROMPOS OS PÉS.
Venres ,29 de xullo
- RILLA NA RÚA. Paseo Alcalde Blanco.
Sábado, 30 de xullo
- RILLA NA RÚA. Paseo Alcalde Blanco
- 16:30 h. 3ª Xornada da Liga de Chave Seleccións do Morrazo. III Torneo de Chave festas de verán Marín 2022. Asociación Gharaboto. Aparcadoiro da República Argentina.
- 21:00 h. XVI Certamen de Bandas de Gaitas Virxe do Carme. Organiza AIRIÑOS DE SAN XULIÁN. Alameda. Participan: Banda de gaitas Charamuscas de Bembrive (Vigo), Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra e Banda de Gaitas Airiños de San Xulián (Marín).
Domingo, 31 de xullo
- RILLA NA RÚA. Paseo Alcalde Blanco.
Do venres 5 ao domingo 7 de agosto
- Actuación musical de LE PIANO DU LAC. Lago de Castiñeiras
- SON DE MARÍN
- Feira STOCK MARÍN
Venres, 12 de agosto
- III Torneo de Petanca Vila de Marín. Asociación Gharaboto. Aparcadoiro da República Argentina.
- Operación Kilo. Alameda.
Sábado, 13 de agosto
- III Torneo de Petanca Vila de Marín. Asociación Gharaboto. Aparcadoiro da República Argentina.
- Pre-Festa LOIRA.
- Actuación musical de BLUE MERROW y RIVER. Alameda.
Sábado, 20 de agosto
- FESTA CORSARIA.
Sábado, 27 de agosto
- FESTA DE LOIRA.
- 19:30 h. Fin de curso MUSIMARÍN. Alameda.
- CANTOS DE TABERNA cos Salghariteiros.