Marín terá un autocine, unha experiencia única ligada ás compras no comercio local da vila

22 Setembro 2020

O Concello de Marín anuncia o primeiro autocine da vila! Un xeito diferente, divertido e seguro de ver unha boa película nun recinto aberto e desde a comodidade dos asentos do noso coche!

A Praza do Regueiro convertirase nunha gran sala de cine con capacidade para 80 coches o próximo 10 de outubro. Na gran pantalla proxectarase o éxito de carteleira Joker, a historia de como Arthur Fleck, encarnado por Joaquin Phoenix, acaba caendo no mundo do crime.

Como conseguir a túa entrada? Tes ata o 07 de outubro para reunir 50 euros de gasto nos establecementos e locais adheridos a Marín en Rede. Garda os tickets das túas compras, entra na web marinenrede.com, enche o formulario cos teus datos e adxunta en fotos os recibos! E recibirás a túa entrada!

Por cada coche xerase unha entrada única e irán dándose por orde de chegada de formularios até rematar o aforo.

Merca local, consume na nosa vila, apoia aos nosos comerciantes e hosteleiros e goza dunha sesión de autocine cunha das películas máis destacadas do pasado ano!

Atención A programación do autocine, ao igual que calquer tipo de actividade, estará suxeita á evolución da situación sanitaria no noso Concello. Esta actividade cumpre coas medidas de restrición actualmente vixentes e prégase á veciñanza que en todo momento manteñan as pautas de prevención e hixiene establecidas.

Está pasando!