Miss Caffeina | Concello de Poio

Miss Caffeina, primeira confirmación do Concello de Poio para a Festa do Mar

18 Xullo 2025

  • Actuarán o venres, 29 de agosto, dentro da programación que o Concello de Poio está elaborando e que apostará, de novo, por potenciar a orixe, a tradición e identidades mariñeiras cunha programación ampla, variada e para todos os públicos.
  • O Concello de Poio está ofrecendo este verán unha ampla programación cultural, lúdica e deportiva coa que está enchendo de vida as rúas, prazas, parques e praias, ofrecendo tempo de lecer e de ocio ao mesmo tempo que se contribúe á dinamización socioeconómica do municipio.

A icónica banda madrileña Miss Caffeina é a primeira confirmación dos concertos que o Concello de Poio incluirá dentro da programación da Festa do Mar que se celebra en Combarro, entre o 28 e 31 de agosto.

Miss Cafeína visita o municipio o venres 29, cun directo gratuíto extremadamente bailable na Praza da Chousa. Unha cita imprescindible, un concerto único no que mesturarán temas novos cos grandes éxitos como “Merlí”, “Reina” ou “Mira como vuelo”, que consolidaron a Miss Caffeina como unha das bandas máis destacadas da escena musical española, ou “Cuando acabe el verano”, elexida como a canción oficial da Vuelta Ciclista a España en 2024.

Miss Caffeina | Concello de Poio

Tras anunciar o ano pasado un parón despois de catro anos intensos de xira continuada, a banda trae unha nova proposta chea de enerxía e emoción. Miss Caffeina está traballando xa no seu próximo álbum, “Buenasuerte” que verá a luz en outubro, e que levará o seu son a novos niveis como só eles o saben facer.

Como punto de partida, xa se coñece os seus primeiros singles deste novo traballo, “Debería estar brillando” e “Argumento de mierda”, uns temas que xa xeraron grande expectación tanto entre os seus fans como entre novos oíntes que se suman cada día ao seu universo sonoro.

Cun directo impecable e unha sensibilidade que desafía as etiquetas, Miss Caffeína continúa demostrando por que é unha das bandas máis queridas, respectadas e relevantes do panorama musical actual.

Para a Festa do Mar de Combarro, o Concello de Poio volverá a apostar nesta edición por seguir potenciando a orixe, a tradición e identidade mariñeiras, cunha programación ampla, variada, de calidade e para todos os públicos que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.

O VERÁN EN POIO INCLÚE PROPOSTAS EN TODAS AS PARROQUIAS E PARA TODOS OS PÚBLICOS

O Concello de Poio está ofrecendo este verán unha ampla programación cultural, lúdica e deportiva coa que está enchendo de vida as rúas, prazas, parques e praias, ofrecendo tempo de lecer e de ocio ao mesmo tempo que se contribúe á dinamización socioeconómica do municipio.

Dentro desta programación, o domingo a Praza do Mosteiro encheuse para gozar do musical “Unha noite na eira do Trigo”, coa actuación de La Ocaband, Pepo Suevos, Chapelo e Loli Domínguez.

O venres 18 continúa o ciclo “Xullo Máxico”, coa actuación dos magos Sara Rodríguez e Óscar Fernández, na Praza da Chousa a partir das 21.00 horas. Un “Xullo Máxico” que rematará o próximo venres, día 25, coa Gala final no Porto de Raxó, na que actuarán a ilusionista venezolana Dania Díaz, recoñecida como unha das maiores expoñentes da maxia feminina en Latinoamérica e no mundo; Edu El Mago, considerado un dos magos cómicos máis potentes do panorama nacional; e Samuel Moreno, semifinalista de Got Talent España.

Ese mesmo día, celebrarase o primeiro festival Senda do Mar na Seca, un novo festival gratuíto de música urbana que forma parte do ciclo oficial Concertos do Xacobeo 2025, e que traerá a Poio artistas de primeiro nivel a nivel internacional como Chimbala, estrela mundial do dembow e a música urbana latina, que fará bailar ao público cun dos directos máis explosivos do panorama actual. Xunto a el actuarán o coñecido DJ nacional Juanjo García, que vén de pinchar nos mellores festivais do país, así como os artistas galegos Sote e Borja Solla, e os Djs locais Arrow e Yago Rivas.

Está pasando!