Presentación do Verán Cultural 2023 | © Concello de Salvaterra de Miño

Música, actividades infantís e a Festa do Viño centran o Verán Cultural de Salvaterra de Miño

19 Xullo 2023

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2023, unha programación dirixida a todo o público sen olvidarnos dos máis pequenos da casa que este ano teñen un apartado especial.

O inicio terá lugar o venres 28 de xullo co concerto de Verónica Codesal no recinto amurallado e rematará coa LXIV Festa do Viño do Condado do Tea.

Non podemos esquecer festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público e que son un atractivo dentro e fora do Concello.



Nos próximos días chegará as casas de Salvaterra toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

  • Venres 28 xullo: Concerto de Verónica Codesal
  • Sábado 29 xullo: Concerto de Carlos Núñez
  • Luns 31 xullo: O Mundo a Danzar
  • Mércores 2 agosto: Espectáculo infantil ‘Bambolina’
  • Xoves 3 agosto: Baile Moderno e Coliño Bailongo
  • Sábado 5 agosto: O Son da Muralla
  • Luns 7 agosto: Festa Hinchables de auga
  • Xoves 10 agosto: Festa de San Lourenzo
  • Luns 14 agosto: Festa da Espuma e Animación musical
  • Xoves 17 agosto: Cine Infantil
  • Venres 18 agosto: Cine Infantil

E pecharase esta programación os días 25, 26 e 27 coa LXIV Festa do Viño do Condado do Tea.

  • Venres 25 agosto: Inauguración, con concertos de Lucky Duckies e A Roda
  • Sábado 26 agosto: Concertos de SondeSeu e Fanfarria Taquikardia
  • Domingo 27 agosto: Concertos de O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla
Está pasando!