Música, cine, actividades deportivas e culturais forman parte da programación de Nadal en Salvaterra

8 Decembro 2023

Chega o mes de decembro e o Concello de Salvaterra de Miño presenta a que será a programación de Nadal para os vindeiros días. Dende a Concellería de Cultura que dirixe Lorena Soto elaborouse un programa dirixido a tódalas idades con actividades moi atractivas.

Dende o venres 8 de decembro en Salvaterra de Miño haberá concertos de corais, bandas e músicos locais ademais de festivais, obradoiros, cine, música e un mercadillo de Nadal. Precisamente esta última é unha das novidades que, coincidindo coa inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño, terá lugar os días 15 e 16 de decembro.



Entre toda a programación destacamos as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas do propio municipio ademais da celebración da xa tradicional San Silvestre. Unha carreira solidaria que se celebrará o 23 de decembro na que poderán participar pequenos e maiores aportando un produto non perecedoiro para o Banco de Alimentos. Toda a información da carreira publicarase nos vindeiros días.

Por outra banda, a Casa da Cultura de Salvaterra incluirá actividades para a cativada. Coas proxeccións das películas “El Gato con botas, el último deseo” e “Tadeo Jones 3” e a obra de teatro “Un conto de Nadal”. O día 28 de decembro chegará a Salvaterra un espectáculo moi recomendado para toda a familia, “Molto Barroco”, incluido dentro do programa Tornar ás Táboas da Deputación de Pontevedra.

A Biblioteca Municipal de Salvaterra será outro punto clave que continúa con actividades para nenas e nenos. Neste caso terá un obradoiro de adornos dirixido a aqueles de entre 3 e 11 anos. Non podemos esquecer datas fundamentais no calendario como son a visita de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos que se celebrarán os días 24 e 27 de decembro e o 5 de xaneiro respectivamente.



A programación de Nadal 2023, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño, do 8 de decembro ao 5 de xaneiro, é a seguinte:

CAMPUS DE CONCILIACIÓN

  • 22, 26, 27, 28, 29 decembro e 2, 3, 4 e 5 xaneiro – CEIP Infante Felipe. Campus: horario de 09:00 a 14:00 horas.

VENRES 8 DECEMBRO

  • 18:00H – XI CONCERTO DE NADAL DE LIRA – Casa Cultural de Lira

VENRES 15 DECEMBRO

  • 16:30 a 21:30H – MERCADILLO DE NADAL – Praza do Concello. Postos artesanía, doces, produfos segunda man, actividades
  • 20:00H – INAUGURACIÓN DECORACIÓN NADAL – Praza do Concello A decoración na que participaron ós alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio e do módulo de carpintería do IES Salvaterra

SABADO 16 DECEMBRO

  • 10:00 a 21:00H – MERCADILLO DE NADAL – Praza do Concello. Postos artesanía, doces, produfos segunda man, actividades.
  • 19:30H – CONCERTO NADAL CORO CANTEMOS – Igrexa San Lorenzo

DOMINGO 17 DECEMBRO

  • 18:00H – FESTIVAL NADAL CPA CONDADO – Pavillón Cándido Carrera
  • 19:00H – CONCERTO NADAL CORO LACEDURIUM – Casa Cultura Salvaterra

LUNS 18 A XOVES 21 DECEMBRO

  • 18:00H – OBRADOIRO ADORNOS NADAL – Biblioteca Municipal. Luns e martes dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, mércores e xoves entre 7 e 11 anos. Prazas limitadas. Inscricións en biblioteca@concellodesalvatera.org

VENRES 22 DECEMBRO

  • 17:00H – TEATRO “UN CONTO DE NADAL” – Casa Cultura de Salvaterra
  • 20:00H – FESTIVAL NADAL A.C. PONTENOVA – Casa Cultura de Salvaterra

SABADO 23 DECEMBRO

  • 18:30H – FESTIVAL NADAL CPA SALVATERRA – Pavillón Cándido Carrera
  • 20:00H – MINI SAN SILVESTRE SALVATERRA – Praza do Concello
  • 20:30H – SAN SILVESTRE SALVATE RRA-MONÇAO – Praza do Concello

DOMINGO 24 DECEMBRO

  • 17:00H – VISITA PAPÁ NOEL – Praza do Concello de Salvaterra

MARTES 26 DECEMBRO

  • 17:30H – CINE “El gato con botas. El último deseo” – Casa Cultura Salvaterra

MÉRCORES 27 DECEMBRO

  • 17:00H – VISITA DO APALPADOR – Praza do Concello de Salvaterra

XOVES 28 DECEMBRO

  • 17:30H – ACTUACIÓN “MOLTO BARROCO” – Casa Cultura Salvaterra’. Programa “Tornar ás Táboas” da Deputación de Pontevedra

VENRES 29 DECEMBRO

  • 21:00H – CONCERTO FIN DE ANO BANDA MÚSICA SALVATERRA. Casa Cultura Salvaterra

SÁBADO 30 DECEMBRO

  • 20:00H – CONCERTO DE SAXOFÓN “VOLTA ÓS ORÍXENES”, a cargo de Miguel Bargiela – Casa Cultura Salvaterra

MÉRCORES 3 XANEIRO

  • 17:30H – CINE “TADEO JONES 3” – Casa Cultura Salvaterra

VENRES 5 XANEIRO

  • 16:00H – CABALGATA DE REIS – Praza do Concello de Salvaterra. As súas maxestades chegarán a Salvaterra dende a Ponte Internacionalbpara repartir caramelos e recibir @s máis pequen@s

Está pasando!