Natos y Waor | SonRíasBaixas 20 Aniversario

Natos y Waor, La Pegatina e Macaco encabezan as confirmacións do 20 aniversario do SonRías Baixas 2023

17 Febreiro 2023

  • O Festival SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa edición 20 aniversario, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu 
  • Natos y Waor, La Pegatina e Macaco lideran unha lista de confirmacións que aposta unha vez máis polo eclecticismo, incluíndo no seu cartel rock, sons urbanos, electrónica, rumba ou ska e formada por máis de vinte artistas consagrados e emerxentes, que completan Arde Bogotá, Boikot, Cool Nenas, Dubioza Kolektiv, ETS, Grande Amore, La Ganga Calé, LaMontagne & PicoAmperio, Lendakaris Muertos, Lía Kali, María de Juan, Muyayo Rif, Ninhodelosrecaos, Queralt Lahoz, Samuraï, Santa Salut, Tremenda Pack e 30S40S50S
  • As entradas sairán á venda o vindeiro martes a través da súa páxina web Enterticket.es

Á gran cita musical da península do Morrazo, nas Rías Baixas, o dúo de rap madrileño Natos y Waor chega como cabeza de cartel desta edición para presentar os temas do seu cuarto disco, “Luna llena”.

Poñendo as súas propias regras e sen esquecer os seus principios, as súas cancións, sempre crúas, descaradas e sen picar palabras, cobran neste disco moitos estilos diferentes e botan a vista atrás para reflexionar sobre tantos anos ao pé do canón e no seu camiño dende o underground ata o mainstream.

Por exemplo, este dato: o álbum superou o millón de reproducións nas súas primeiras 24 horas dispoñibles, sendo o álbum de rap máis escoitado en España o día do seu lanzamento na historia das plataformas dixitais, seguido de “Hijos de la ruina Vol 3” e “Cicatrices”, as súas referencias anteriores.


La Pegatina | SonRíasBaixas 20 Aniversario

Avalados por máis de 1.200 concertos en 35 países, La Pegatina é unha das nosas bandas máis internacionais e celebran neste 2023, como o festival, dúas décadas en activo. No seu “20 Aniversario Tour” presentarán un novo espectáculo cunha posta en escena renovada, máis enérxico que nunca, e á altura da festa que suxire a súa música. Unirémonos así nun concerto moi especial para celebrar os nosos vinte anos crecendo xuntos.

Dúas bandas que regresan ó SonRías para celebrar o noso 20 Aniversario son, por unha banda e directa dende Pamplona, ​​​​Lendakaris Muertos, que descargarán o seu punk ortodoxo, rápido e cheo de letras irónicas combinando humor e crítica social; e dende a capital, e seguindo a mesma liña, os madrileños Boikot malgastarán o seu punk rock urbano cheo de compromiso social e letras con mensaxe.


Macaco | SonRíasBaixas 20 Aniversario

Pola súa banda, Macaco chega ao festival para presentar “Vuélame el corazón”, o seu novo disco onde conviven músicas de raíz, da rumba á cumbia, do folk ao tango, guitarras pequenas, moogs e sintetizadores retro, e algunhas bases e beats construídos con elementos orgánicos. Interpretará os seus grandes éxitos coñecidos e coreados por todo o público.

Cunha intención multicultural e marcado carácter cosmopolita, La Ganga Calé chegará para botarnos aos brazos da rumba, a salsa, o funk ou o reggae a través do seu apoteósico e sentido directo, e Muyayo Rif contaxiaranos as súas ganas de “VIVIR” con maiúsculas e de disfrutar da música nun espectáculo que xa presentaron por escenarios de todo o mundo.

Os sons balcánicos correrán a cargo do grupo bosnio Dubioza Kolektiv coa súa mestura de rave, ska e enerxía en directo imparable cunhas letras centradas na protesta política e as reivindicacións sociais, e o galego estará representado por LaMontagne & PicoAmperio, dúo que revive as raíces futuristas e tecnolóxicos que devolven a tradición ao presente a través de bases de trip hop, moito flow e tintes de contracultura.


Arde Bogotá | SonRíasBaixas 20 Aniversario

Arde Bogotá converteuse sen dúbida nunha das bandas revelación do rock-pop nacional grazas ás súas letras cun tinte xeracional e a un directo impecable, divertido e enérxico e presentarán no festival o seu esperadísimo segundo album. ETS, pisará por primeira vez Galicia, facendo unha homenaxe á xente, á rúa e á cultura popular e defendendo en directo o seu novo disco, “Guretzat”.  E os anos 90 mesturados con guitarras eléctricas e distorsión con sintes e programación correrán  a cargo da banda de recente formación 30s40s50s formada por Bely Basarte, David Otero e Tato Latorre.

Proba da aposta do festival polos nomes máis prometedores do panorama son as incorporacións de Lia Kali, que presentará os temas do seu primeiro disco, unha mestura de reggae, jazz, soul e rap, e Queraltz Lahoz, que chegará a Bueu no seu momento máis doce e para reivindicar as súas orixes flamencas atravesadas por sons latinos, de raíz e urbanos. Os ecos do mellor dos anos 2000 estarán representados por Samuraï, na súa primeira visita ao noso festival, e Santa Salut, que colmará coa súa efusión de actitude hip-hop con temática social, revolucionaria e feminista. Tamén reivindicando as desigualdades entre homes e mulleres en circuítos alternativos, o colectivo Tremenda Jauría regalaranos a súa descarga de pegadizas cancións de reggaeton, moombathon, electrocumbia e dembow cheas de mensaxes de apoio mutuo, tenrura, rabia e loita diaria.


María de Juan | SonRíasBaixas 20 Aniversario

María de Juan actuará por primeira vez en Galicia con “Dramática”, un repaso á copla española, arroupada nun imaxinario cinematográfico con bases de pop electrónico, sintetizadores e samples, e Grande Amore faranos partícipes da súa desesperación existencial co seu ton humorístico, vulnerable e ao ritmo do techno dos oitenta.

O encargado de que non paremos de bailar será o DJ Ninhodelosrecaos, alias detrás do que se esconde Rubén Sierra Jiménez, cantante e guitarrista de La Pegatina, que mestura rumba, rock, ska, punk, merengue e salsa nas súas sesións. As grandes cancións tamén estarán garantidas grazas a Cool Nenas, un trío cheo de actitude, enerxía e detrás do que están Dani, Mariagrep e Kimberly Tell.



VENDA DE ABONOS

A venda de entradas estará dispoñible a partir do vindeiro martes 21 de febreiro ás 12 horas na páxina web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. Os primeiros 500 compradores poderán conseguir as súas entradas por 45€ máis gastos de xestión, e a segunda oferta será para os próximos 500 asistentes a 50€ máis gastos de xestión. O proceso de compra incluirá a opción de engadir a zona de acampada, gratuíta, e situada a tan só 150 metros da praia e do propio festival.

SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan. Conta coa colaboración institucional de Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia.


Está pasando!