Arbo volverá converterse na “Capital Mundial da Lamprea” durante os días 11, 12 e 13 de agosto

7 Agosto 2023

  • A Festa da Lamprea seca regresa este ano coa celebración da súa XXVIII edición durante os días 11, 12 e 13 de agosto
  • Unha fin de semana onde vivir experiencias únicas e gozar de Arbo cos cinco sentidos

A primeira quincena de agosto, a vila de Arbo volve converterse na “Capital Mundial da Lamprea”, produto que cativou ao longo da historia padais tan selectos como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Castro Vello.

A Festa da Lamprea Seca celébrase a segunda fin de semana de agosto na xa tradicional Carballeira de Turbela.

Durante todo o día pódense degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

Entre as actividades que teñen lugar ao longo desta xornada, podemos destacar a Festa da bicicleta, a Feira de artesanía e antigüidades, a actuación dos seus reputados grupos folclóricos, charangas… Por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

A programación da XXVIII Festa da Lamprea Seca é a seguinte:

VENRES, 11 DE AGOSTO

  • 21:00 h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela.
  • 22:00 h. Actuación do grupo Prysma, na Carballeira de Turbela.

SÁBADO, 12 DE AGOSTO

  • 10:00 h. Andaina popular, con saída dende o Museo “Arabo”, e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición no correo electrónico arabomuseo@gmail.com.
  • 11:00 h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela.
  • De 13:00 a 15:30 h. Actuación do grupo Tonichi y Pacheco, na Carballeira de Turbela.
  • 22:00 h. Concerto do grupo Mel de Meiga, na Carballeira de Turbela.

DOMINGO, 13 DE AGOSTO

  • 10:00 h. Festa da Bicicleta. Saída dende a Praza do Concello e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición na páxina web www.festadalampra.gal.
  • 11:00 h. Apertura de postos de degustación na Carballeira de Turbela.
  • 12:00 h. Actuación do grupo folclórico A.C. A Barca de Loimil, na Carballeira de Turbela.
  • 13:00 a 15:30 h. Actuación do grupo O son das tabernas, na Carballeira de Turbela.


A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano.

Alvaro Cunqueiro, no seu artigo publicado en abril de 1975, con motivo da XV Festa da Lamprea, que cando el non podía asistir a Arbo a degustar a lamprea, dicía: ” E quédome sen Arbo, sen as súas cordiais xentes, sen os amigos que van facer a festa á lamprea e cos que quixese charlar e ao seu lado comer. Porque estar en Arbo na festa da Lamprea, é estar nunha festa”.



“O CARÓN DA LAREIRA” PARA ANUNCIAR A XXVIII FESTA DA LAMPREA SECA

Jesús Vázquez Pérez, veciño de Arbo do barrio do Poste da parroquia de Barcela (Arbo), correspondéndolle o 1º Premio do Certamen Brais Alonso que é o cartel anunciador da XXVIII Festa da Lamprea Seca.



V ANDAINA POPULAR DA LAMPREA SECA

O sábado 12 de agosto, entre os actos que o Concello de Arbo organiza co Gallo da Festa da Lamprea Seca, está prevista a V Andaina Popular da Lamprea Seca.

A actividade arranca ás 10:30 horas dende o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” con un percorrido de 8km e unha dificultada media-baixa e rematará na Carballeira de Turbela.

Os interesados en participar deberán realizar as inscricións no correo electrónico arabomuseo@gmail.com ou no teléfono 639 829 445 ata o 9 de agosto, haberá sorteos e agasallos entre os participantes.


Está pasando!