Non hai verán sen Atlantic Fest! Nace Atlantic en Butaca

21 Xullo 2020

En tempos estraños, como o que nos atopamos, a celebración dunha edición de Atlantic Fest tradicional faise imposible polo aforo do evento.

Será un verán sen Atlantic Fest, pero da man do Concello de Vilagarcía de Arousa a organización continuará a súa labor de programación de calidade aínda que cunha proposta reducida e en butaca. Non deixarán que a música se apague e farán que volva soar, nunha experiencia que nos fará soñar coa vella normalidade, que é a ilusión que nos fai seguir traballando neste proxecto.

Atlantic en Butaca chega para quedar e únese a outros eventos que xa realizados durante o ano como Atlantic Days ou Atlantic Emprende+ Gaiás.

Comeza así unha programación neste formato coa banda León Benavente o próximo 29 de xullo, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

O aforo será moi reducido para cumprir cos protocolos sanitarios. As entradas están á venda desde o xoves 9 de xullo en atlanticfest.com

Está pasando!