O peirao de Arcade acollerá durante os días 1, 2 e 3 de abril a XXXIV edición da Festa da Ostra

23 Marzo 2022

Xa está todo preparado en Soutomaior para que celebrar a primeira Festa da Ostra sen restricións despois da pandemia.

Este ano a Festa da Ostra volverá brillar en todo o seu esplendor cun calendario de actividades que conta con opcións de lecer para toda a familia.

A festa ocupará, como é habitual, o peirao de Arcade durante os días 1, 2 e 3 de abril. Durante eses días haberá actuacións, obradoiros para os cativos, orquestras, pasarrúas e, por suposto, as mellores ostras do país.

Reservade a fin de semana e ide convidando á familia porque este ano por fin volveremos gozar como antes.

PROGRAMA

Venres, 1 de abril

  • 23:00 h. Concerto da orquestra América de Vigo.

Sábado, 2 de abril

  • 11:00 h. Pasarrúas e animación a cargo da Charanga ‘A cabeza non para’.
  • 12:00 h. Apertura das casetas de degustación.
  • 22:00 h. Verbena coas oquestras Satélites e Marbella.
  • 00:00 h. Tirada de fogos artificiais.

Domingo, 3 de abril

  • 11:00 h. Pasarrúas da Banda Artística de Arcade e Banda Cultural de Arcade. Desde a rúa Calvario ata o Peirao.
  • 11:00 h. Apertura das casetas de degustación.
  • 13:00 h. Lectura do pregón a cargo de Paco Carral, cociñeiro local.
  • 18:30 h. Actuación do Dúo Calú.

Está pasando!