Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra celebrarase do 13 ao 18 de decembro

23 Novembro 2022

Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, é un certame cinematográfico orientado á detección, promoción e difusión do talento emerxente.

A liña editorial do festival está consagrada a dar visibilidade, mediante a incorporación de dúas seccións competitivas (Sección Oficial e Latexos), ás primeiras e segundas longametraxes dos e das cineastas noveis prestando especial atención á vangarda cinematográfica internacional.

Porén, o festival será a culminación dunha programación anual específica; xa que o proxecto tenta abarcar a totalidade do espectro: exhibición, difusión, formación e divulgación, pero tamén interación social, promoción cultural e socioeconómica da cidade de Pontevedra.

A Edición 07 de Novos Cinemas celébrarase do 13 ao 18 de decembro de 2022 con proxeccións no Teatro Principal de Pontevedra.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com


Está pasando!