O 19 de maio chega ao Teatro Salesianos de Vigo ‘Pulgarcita’, unha viaxe teatral chea de maxia e ensinos inspiradoras para os máis novos da casa

6 Maio 2024

‘Pulgarcita’ aterra o 19 de maio no Teatro Salesianos cunha sesión dobre da man da produtora Abismo Caracol, con Darío Autrán na dirección e Uxía Suevos e Nano Rivas no elenco


Os máis pequenos cobran protagonismo nesta historia encantadora que nos fai reflexionar sobre a importancia das pequenas accións para preservar o noso mundo.

Dirixida por Darío Autrán e protagonizada por Uxía Suevos e Nano Rivas, convida aos máis pequenos a reflexionar sobre o coidado do medioambiente a través das aventuras do mítico personaxe na súa versión máis actual.

Pensada para toda a familia e recomendada especialmente para nenos de entre 3 e 12 anos, a obra narra as aventuras de Pulgarcita tras abandonar a súa casa e o seu enfrontamento co Rey Trol, Bunga Lunga.



Esta versión actual do mítico personaxe é unha celebración do mundo feminino e do coidado do medio ambiente que trata os valores da amizade e a familia e a importancia da pura diversión con todo tipo de personaxes animados que farán as delicias de adultos e nenos.

Unha aventura que nos ensinará a importancia da amizade, a imaxinación e a loita contra a contaminación.

Dobre sesión, ás 12:30 e ás 17:00 horas, no Teatro Cine Salesianos de Vigo.

As entradas xa se poden adquirir por 12 euros en Ataquilla.com

Está pasando!