O artista israelí Asaf Avidan presenta este domingo no Auditorio Mar de Vigo o seu ‘Ichnology Solo Tour’, un directo imperdible

29 Setembro 2023

  • Asaf Avidan regresa aos escenarios con ‘Ichnology Solo Tour’, xira coa que recalará este domingo no Auditorio Mar de Vigo, sendo a de Vigo a única data en Galicia na que Asaf demostrará a súa forza indomable
  • O directo de Asaf Avidan no Auditorio Mar de Vigo, eríxese como un dos eventos máis destacados da programación outonal do Mar de Vigo. As entradas continúan á venda a través de www.teuticket.com

Cinco anos despois da súa visita a Galicia, Asaf Avidan regresa para presentar no Auditorio Mar de Vigo o seu novo show en solitario, ‘Ichnology Solo Tour’, onde ademais de dar a coñecer o seu último traballo, ‘Anagnorisis’, publicado no verán do 2020, repasará a maioría das canciones da súa carreira musical.

A actuación de Asaf Avidan este domingo 1 de outubro no Auditorio Mar de Vigo é dos primeiros concertos destacados para o último trimestre do Mar de Vigo xunto coa actuación da banda estadounidense Calexico o 11 de outubro; Niña Pastori o 15 de outubro; Manolo García o día 21, cuxas entradas están esgotadas desde hai meses; Camela o 18 de novembro ou Víctor Manuel o 25 de novembro.



Avidan é un artistazo dos pés á cabeza, que une maneiras de cantautor tradicional con sacudidas heterodoxas con vistas ao soul, o blues e o cabaret, valéndose da electrónica. Coa canción ‘One Day/Reckoning Song’ saltou á fama mundialmente sendo número 1 en 14 países; e aínda que o seu talento non se reduce a un só hit, esa canción axudoulle a dar a coñecer a súa música, pero non o desviou nin un milímetro das formulacións iniciais que mostraba xa no seu primeiro disco en solitario, en ‘Diffetent Pulses’, o seu primeiro disco en solitario que publicaba en 2012.

É un artista distinto, sedutor e cunha capacidade de sorprender que só teñen os grandes. A súa privilexiada voz ambigua, moi preto dos tons altos femininos. O seu rexistro vocal andróxino, ese blues hermafrodita tan evocador de Jeff Buckley como de Nina Simone, non deixa indiferente a ninguén e deixa asombrado a todos os que o viron en directo. A base de virar por medio mundo deixando pegada con tremendos concertos, foi aumentando a súa base de fans que non fixo máis que crecer, enchendo aforos cada vez máis grandes.

A súa actuación este domingo 1 de outubro no Auditorio Mar de Vigo será a única parada en Galicia do artista israelí. As entradas continúan á venda a través de www.teuticket.com.

Está pasando!