O Ateneo de Pontevedra celebra o ciclo ‘Tambores de guerra’ con dúas conferencias e unha palestra

2 Marzo 2026

Os días 05, 12 e 17 de marzo, Ateneo de Pontevedra organiza o ciclo ‘Tambores de guerra’, no que se celebrarán dúas conferencias e unha palestra.

Tódolos actos serán ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

Sobre o Ciclo:

Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras.

En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa.

Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario.

Actividades:

XOVES 5 DE MARZO

Conferencia de Jesús Núñez Villaverde: “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea”

XOVES 12 DE MARZO

Conferencia de José Enrique de Ayala: “Está Europa en perigo?

MARTES 17 DE MARZO

Palestra: “Volve o servizo militar?”

Moderada polo profesor de Historia Contemporánea Luis Velasco e na que participarán representantes das organizacións xuvenís dos partidos: Novas Xeracións, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas.

Todas as actividades son de acceso libre ata completar capacidade.

Está pasando!